Garrapata é un home barrigudo e moi moi bravo e feroz, que ten unha pata de pau e un garfo no sitio dunha man.
En Londres todo o mundo lle tiña medo. Tiña nariz de Pinocho, longa e colorada coma un tomate, pero en realidade non é tan malo. Tampouco os seus compinches o son tanto como parecen.
Ñam Ñam tiña unha familia oso, pero un día uns cazadores con cans de caza o meteron nunha gaiola. Pero Ñam Ñam era un oso de conto, non de verdade, e cando Noemí abriu o libro para lelo, Ñam Ñam lle pide axuda para saír de gaiola. Os nenos e nenas de Meaño fixérono moi ben.
Este libro foi traducido a máis de 20 linguas. Os piratas liderados por Bala Perdida, o protagonista, encontraron un tesouro, o tesouro dos nazis, que estaba cheo de lingotes de ouro. Bala Perdida secuestra a una rapaza e… mellor non contan mais que se non, non ides mercar o libro.
RESUMO: Os nenos e nenas de 1º do CEIP de Chancelas presentáronnos un libro precioso que conta a historia de un ovo que se equivocou de niño. É a historia de 3 ovos que caen rodadndo nun niño de parrulos. Hai tamén uns crocodilos malos que queren comer a familia de Guyi Guyi. Pero a el ocorreuselle unha idea e ao final conseguirá salvalos, converténdose nun heroe. Este libro podemos telo en papel ou tamén velo nun video que gravaron estes nenos e que está en youtube. Fixérono moi ,moi ben.
TÍTULO: “O LOBISHOME” (adaptación da novela “O lobishome de Candeán”
AUTORA: Paula Carballeira
COLE: CEIP de Sobrada
RESUMO: Os nenos e nenas de Sobrada fixeron un programa temático sobre O MEDO. Presentaronnos unha obriña de teatro “O Lobishome” que da moito medo. Nela aparecen vampiresas, pantasmas, un lobishome bo, dous cazadores de lobishomes... É unha obra de teatro divertida e moi interesante.
Tamén nos presentaron un xogo de mesa , Hombres lobo de Castronegro.
É para maiores de 10 anos. Explicáronnos moi ben como se xoga. Só nos falta compralo e xogar. UF, QUE MEDO!!!!
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.
RESEÑA: A súa autora é unha profesora magnífica en Pontevedra! A súa hitoria é...
Iria e Lino son dous xemelgos que fan unha viaxe en tren de León ata Vigo, no tren chocolate. Este tren é moi raro, é dicir, que nel pasan cousas raras, moi raras!. O caso é que este libro non acaba con un “ viviron felices e comeron perdices” senón que no tren... HAI UN LADRÓN !!!!!!!!!
Trata dunha nena chamada Momo, que vive soa nun anfiteatro abandonado. Os habitantes do pobo no que vive, deciden axudala.
Momo ten unha habilidade moi especial, sabe escoitar moi ben as persoas. Cada vez que alguén necesitaba que lle escoitasen lle dicían “Vai ver a Momo”.
Ten dous amigos moi especiais para ela e que a vez son moi distintos: un é Beppo Barrendero, un ancián moi tranquilo que ten o mesmo apelido que a súa profesión, e o outro é Gigi Cicerone, un rapaz moi soñador o que lle encanta contar historias aos demáis.
Hai unha parte tenebrosa na historia de Momo… uns homes de gris están invadindo o pobo, roubándolle o tempo as persoas pasando totalmente inadvertidos.
Momo coa axuda da tartaruga Casiopea e do Maestro Hora emprenderá unha aventura impresionante contra os homes de gris para devolverlle o tempo as persoas.
É un libro precioso, convidámolos a lelo e reléelo ata que se cansen. Gozadeo.
RESUME: Un grúfalo moi arrepiante, un ratiño valente e mentiroso, unha serpe, un raposo e un moucho. Con esta historia e personaxes aprendemos que non hai que decir mentiras e solucionar os problemas falando, non pelexando.
Aínda que son de primeiro de primaria, estes nenos fixérono xenial grazas a un clube de lectura no que falan e debuxan sobre o libro.
Os nenos e nenas do CEIP nº 2 de Tui presentáronnos un libro moi divertido que nos conta contos clásicos dunha maneira diferente... Cenicienta acaba casada con un señor que fai mermelada, Branca Neves vai dun sitio a outro facendo auto-stop, os tre osos cómense a Riciños de Ouro... e así moitos máis. Pasárono moi ben lendo este libro. Ademais recordáronnos que este ano celébrase o centenario do seu nacemento.