Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Progr35: Pazos de Reis - Tui .- MOMO

TÍTULO: Momo

AUTOR:Michael Ende

EDITORIAL: Alfaguara

 

Momo

Trata dunha nena chamada Momo, que vive soa nun anfiteatro abandonado. Os habitantes do pobo no que vive, deciden axudala.       

Momo ten unha habilidade moi especial, sabe escoitar moi ben as persoas. Cada vez que alguén necesitaba que lle escoitasen lle dicían “Vai ver a Momo”.

Ten dous amigos moi especiais para ela e que a vez son moi distintos: un é Beppo Barrendero, un ancián moi tranquilo que ten o mesmo apelido que a súa profesión, e o outro é Gigi Cicerone, un rapaz  moi soñador  o que lle encanta contar historias aos demáis.

Hai unha parte tenebrosa na historia de Momo… uns homes de gris están invadindo o pobo, roubándolle o tempo as persoas pasando totalmente inadvertidos.

Momo coa axuda da tartaruga Casiopea e do Maestro Hora emprenderá unha aventura impresionante contra os homes de gris para devolverlle o tempo as persoas.

 

É un libro precioso, convidámolos a lelo e reléelo ata que se cansen. Gozadeo.

  • Genre: Blues
  • Length: 10:21 minutes (18.95 MB)
  • Formato: MP3 Stereo 44kHz 256Kbps (CBR)


audio | by Dr. Radut