En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos. Nos seus poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita, Beethoven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista. Un libro para ler cos cinco sentidos. As dúas paixóns de Antonio García Teijeiro, a música e a poesía, establecen un diálogo fascinante neste poemario fermosamente ilustrado por Fino Lorenzo, que vai espertar nos lectores e lectoras sensacións vivas e profundas, cargadas de emoción
Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno..
RESUMO: A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.
Agust é un neno moi especial, a súa cara faino diferente, pero el só quere ser coma os demais. Camiña mirando o chan, a cabeza gacha, tratando sempre de esconder a súa faciana. Por que será? . Este ano vai ser moi diferente porque Agust vai ir a escola.
TÍTULO: Arman e a fábrica podre AUTOR: Macip Llort COLEXIO: CEIP nº 2 de Tui RESUMO: Arman descubriu os trapos sucios da fábrica de Bundesfraü. Está decidido a deter o desastre e salvar os animais e as plantas de Virolainek! Para conseguilo conta coa axuda dos seus amigos, de Tim, a súa espelida mascota... e mais do SEU PODER SECRETO. Serán quen de atopar unha solución a tempo para deter os plans do envexoso e trampulleiro ministro Zhirkov?
RESUMO :É un libro que semella unha guía turística por Santiago. Ten preciosas ilustracións de monumentos famosos e fala de curiosidades de Santiago, dos peregrinos, da catedral,do botafumeiro. É un libro moi útil, e como no seu cole van facer un tramo do camiño portugués, axudoulles a preparar a camiñada.
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son as catro integrantes das FORMIG4S. Unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.
Misión Barcelona leva os FORMIG4S a capital catalá o día de Sant Jordi. O caso empeza na Pedreira, un precioso edificio modernista, co Doutor Paumao poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.
Garrapata é un home barrigudo e moi moi bravo e feroz, que ten unha pata de pau e un garfo no sitio dunha man.
En Londres todo o mundo lle tiña medo. Tiña nariz de Pinocho, longa e colorada coma un tomate, pero en realidade non é tan malo. Tampouco os seus compinches o son tanto como parecen.