Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Progr32:CEIP Vicente Risco de Vigoi- FLIS-FI-RIS-FLAS

TÍTULO: FLIS-FI-RIS-FLAS

AUTOR: ARACELI GONDA

ILUSTRADOR: XOSÉ TOMÁS

EDITORIAL: GALAXIA

RESUMO:

 Os nenos e nenas de 3º do CEIP Vicente Risco de Vigo elixiron este fermoso libro porque están estudando este curso moitas cousas sobre o mar. Conta a historia de Martiño que se afunde nun profundo sono que o leva polas profundidades dos mares, onde vive mil aventuras. Tamén nós contaron cousas da biografía da autora e do ilustrador.


8:25 minutes (7.71 MB)

Progr31:CEIP Nº 2 de Tui- A galiña azul

TÍTULO: A GALIÑA AZUL

AUTOR: CARLOS CASARES MOURIÑO

COLEXIO: CEIP Nº 2 DE TUI

RESUMO:

Este programa está dedicado a Carlos Casares, o escritor homenaxeado  este ano nas  Letras Galegas. Os nenos do CEIP nº 2 de Tui fixéronnos un bo resumo da súa vida e a súa obra. Este contiño consta de 5 capítulos e conta a historia dun neno que lle escribe unha carta a súa amiga Ana que se foi vivir a outro pobo. Por iso eles empezaron o programa lendo unha carta que lle escribiron a María, unha amiga que se foi a outro cole a Salvaterra. 


12:16 minutes (28.08 MB)

Progr30:CEIP Plurilingüe Chancelas.- O Tío Miseria


50.73 MB

Progr29: CEIP As Covas de Meaño.- Xela volveuse vampira.

TÍTULO: Xela volveuse vampira.

AUTOR: Fina Casalrrey.

COLEXIO: CEIP As Covas de Meaño.

 

 

Xela é unha mestra, que ría sempre e a que lle encantaban os seus alumnos, ata que un día parou de sorrir, case parecía unha vampira. Pero, por que ? Xela estaba a sufrir malos tratos por parte do seu marido. A súa vida era moi dura


6:02 minutes (13.82 MB)

Progr28: CEIP de Sobrada .- NA FOGUEIRA DOS VERSOS

TÍTULO:NA FOGUEIRA DOS VERSOS

COLEXIO: CEIP DE Sobrada

AUTOR:Antonio García Teijeiro

EDITORIAL: Xerais

RESUMO: Este libro contén poemas con versos moi bonitos para cando teñas ganas de ler un pouco de poesía da boa .

Este poeta escribíu outros libro como “Lendo lendas digo versos”.

Actualmente Antonio vai polos colexios facendo obradoiros de poesía .

Con este libro gañou un premio, o premio Merlín de poesía


4:27 minutes (4.09 MB)

Progr27: Pazos de Reis - Tui (03/09).- CHAMÁDEME SIMBAD

 

 

Piratas ,bucaneiros , capitáns , filibusteiros , atópanse 

neste libro . Un libro doado de ler, con acción e  

Este programa gustoume moito e ademais o prepararon e gravaron os nosos compañeiros e compañeiras de 6º.aventura ; non atopo  nada para que non te enganche ou para que che pareza aburrido , ao contrario  é moi , moi divertido e  entretido.

Ademais o autor gañou algúns  premios grazas a el . Estou falando do libro “CHAMÁDEME SIMBAD”.


6:45 minutes (15.44 MB)

Teatro de 4º "O refugallo"

Campionato provincial de atletismo.

 

CAMPIONATO  PROVINCIAL  DE  ATLETISMO ESCOLAR

ESTADIO DA XUVENTUDE EN PONTEVEDRA 30/MAIO/2016

 

A clase de 5º participou no Campionato Provincial de Atletismo no Estadio da Xuventude en Pontevedra tras quedar campión no Campionato Zonal entre os colexios de Tui e Salceda de Caselas.

Xunto o CEP Pedro Caselles de Tomiño, viaxamos o luns 30 a Pontevedra para participar nas distintas modalidades atléticas como 60 m. lisos, 500 m. , lanzamentos de peso e vortex, carreira de relevos e salto de lonxitude. A esta proba provincial clasificáronse 19 escolas de 130 participantes nas distintas probas zonais. Felicitar aos nen@s do CEIP de Pazos de Reis polo décimo posto acadado e sobre todo pola súa actitude e esforzo.

 

FUTUROS ATLETAS EN PAZOS DE REIS!!!!

Día dos parques no monte Aloia

Progr26: Pazos de Reis - Tui (26/05) – A DESPEDIDA DO CURSO

Carolina, Selma e Yuleisy, de 5º, despiden  o curso desta volta cun programa no que colaboran moitos outros nenos e nenas da nosa escola e das outras que participan durante todo o curso facendo programas. 

 

Carolina, Selma e Yuleisy despídense recomendando: "Non deixedes de ler, ler e ler, porque ler axuda a soñar, a viaxar, a disfrutar, a sufrir, a aprender, a ser mellores."


12:38 minutes (11.57 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut