Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Progr25: Vicente Risco - Vigo (19/05) – PALABRAS DE AUGA

TÍTULO: Palabras de auga

AUTOR: Marcos Calveiro 

ILUSTRADOR: Ramón Trigo

EDITORIAL: Xerais

COLECCIÓN:   Merlín

COMENTARIO: O protagonista é un neno de África, da rexión do Sahel. O seu nome é Amadou. E pertence a unha tribo nómada que se chama os Kimba.

Na súa zona non hai auga, bueno, hai pero moi pouca, tamén hai pouca comida. Neste libro fálanos do día a día deste pobo africano e tamén da súa lingua, o swahili.

 

É un libro interesante e duro que nos recomendan os nenos e nenas de 5º, escritos por un autor nacido no barrio de Teis de Vigo, onde está o CEIP Vicente Risco. 


7:45 minutes (7.1 MB)

Progr24: Pazos de Reis - Tui (12/05).- COLECTIVO LETRAS GALEGAS 2016

Este programa fixérono os nenos e nenas de Infantil, Segundo, Terceiro, Quinto e Sexto de Primaria, coa colaboración dos seus mestres-as titores. Os condutores son Candela e Raúl, de 5º, e estes son os libros que se recomendan. 


12:57 minutes (11.86 MB)

Progr23: Sobrada - Tomiño (05/05) – O BIGOTE DE MIMÍ

TÍTULO: O bigote de Mimí

AUTOR: Manuel María Fernández Teixeiro 

ILUSTRADOR: Xaquín Marín

EDITORIAL: Casa-Museo Manuel María

COMENTARIO: 

O gato Mimí  non paraba de chorar, que tiña o gato?. O neno levouno xunta de Manuel de Padernas (o barbeiro).  

Se queres saber máis, le o libro; paga a pena porque é moi divertido.                         

No programa da escola de Sobrada recoméndannos este libro do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Manuel María, pero del tamén nos gusta moito Os soños na gaiola.

Este programa de radio inclúe a última pregunta para o concurso. Escoitade e se sabedes a resposta, deixádea aquí, no blog de 5º.

 

Xa sabedes, o premio é un libro. 


4:18 minutes (3.95 MB)

Progr22: Número 2 - Tui (28/04).- NENA E O MAR

AUTOR: Érica Esmorís

ILUSTRADOR: Dani Padrón

EDITORIAL: Xerais

COLECCIÓN: Merlín

COMENTARIO: Este libro recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2015 e nel podemos atopar de todo: emoción, aventura, suspense, maxia,… É unha historia que provoca moita pena nalgúns momentos pero tamén dá moita risa cando describe aos veciños da aldea mariñeira na que vive a nena protagonista.

 

E, ademais, ten un final que gusta moito, segundo aseguran os nenos e nenas de 5º que fan este programa. 


6:33 minutes (5.99 MB)

AVISO : INCORPORACIÓN DO ALUMNADO DE INFANTIL AS AULAS.

MAÑÁ MÉRCORES, OS NENOS E NENAS  DE INFANTIL VOLVERÁN AS AULAS CO HORARIO HABITUAL.

Informativo miúdo 10.- 22 de abril de 2016

Neste informativo, Sandra e Roque, de 2º de Primaria, fálannos do compost elaborado na escola.


3:17 minutes (3.01 MB)

Progr21: Pazos de Reis - Tui (21/04).- O NENO CAN

TÍTULO: O neno can

AUTORES: Fina Casalderrey e Francisco Castro

ILUSTRADORA: Patricia Castelao

EDITORIAL: Galaxia

COMENTARIO: 

Lucía, Hugo Rodríguez e Pablo de 5º preséntannos un libro que leron e analizaron na aula e que fala dos dereitos dos nenos e nenas en cinco historias diferentes. 

  É un libro do que os ingresos pola súa venda van destinados á organización UNICEF.

A todos os nenos e nenas de 5º curso lles gustou moito e esa é a razón principal para recomendar a súa lectura.


8:38 minutes (7.9 MB)

Progr20: As Covas - Meaño (14/04).- O LAPIS DE ROSALÍA

TÍTULO: O lapis de Rosalía

AUTOR: Antón Cortizas

ILUSTRADOR: David Sierra

EDITORIAL: Xerais

COLECCIÓN: Merlín

COMENTARIO: 

Rosalía é unha nena que ten un verdadeiro problema: escupe bolboretas pola súa boca!!

Un día o seu pai regaloulle un lapis que... escribía el soíño unhas frases preciosas!, pero que non lle gustaban nada á profesora de Rosalía. Sabedes por que? Pois porque o lapis escribía o que lle petaba.

Que pasará co  lapis de Rosalía?


7:37 minutes (6.97 MB)

Informativo miúdo 9.- 08 de abril de 2016

Alba e Pablo, de 4º, fálannos neste audio das visitas de deportistas profesionais á nosa escola. 


3:19 minutes (3.04 MB)

Progr19: Chancelas - Poio (07/04).- UNHA PANTASMA NO COLEXIO

TÍTULO: Unha Pantasma no Colexio

AUTOR: Manuel Lourenzo González

ILUSTRADOR: José Tomás

EDITORIAL: Rodeira

COLECCIÓN: Tucán

COMENTARIO:

Esta historia é de medo e de… unha pantasma! Un neno  quedou encerrado no colexio porque quedou durmido nas colchonetas do ximnasio. Apareceu unha pantasma e catro ladróns .

O neno intentou esconderse pero… En resumo, un libro cheo de intriga e de interese.Os nenos e nenas de Chancelas  din que é moi chulo. Que opinades vós?

Neste programa tocaba pregunta de concurso, a pregunta 5. Escoitádeo para saber cal é, logo lede o libro e deixade a vosa resposta neste enlace ao blog de 5º.

 


4:45 minutes (4.35 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut