Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Protocolo COVID

NOTA INFORMATIVA SOBRE O COMEZO DO NOVO CURSO ESCOLAR

Ola familias!

En relación a como vai ser o vindeiro curso, xa sabedes que debido à Covid 19, temos que seguir as indicacións que nos dicten as Consellerías de Educación e de Sanidade. Iso suporá un cambio grande na nosa maneira de traballar, pero ten que ser así mentres dure a pandemia.

Con todo xa estamos elaborando medidas que nos axuden nesta situación: reestruturar os horarios de entradas e saídas, aproveitar os espazos exteriores o maior tempo posible, crear grupos de aula estables, etc.

Temos que crearlle ao alumnado a maior sensación de seguridade posible, non poden sentir que o colexio é un sitio perigoso. Quedar na casa non parece a mellor opción, nin garante inmunidade. O alumnado precisa relacionarse cos iguais. Este curso terá prioridade o coidado físico e emocional sobre todo o demais. Como queira que sexa, as indicacións das consellerías serán as que marquen as pautas a seguir.

Esperemos que esta situación non se prolongue no tempo. Dependerá dos coidados que poñamos en todo. E tamén da sorte.

Saúdos afectuosos.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020-21

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes .

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo  : ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020. 
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Ver documento

Programa de Radio do CEIP de Guillarei

Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un incidente inesperado fará que as súas vidas cambien para sempre. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola, e máis preocupacións que entregaren a tempo os traballos de clase.

Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. todo isto mesturado nunha viaxe polo tempo, na procura de respostas, na terra dos seus antergos... os celtas.

Programa de Radio do CEIP de Pazos de Reis

Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto misterio dos ecos do lume.

Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro. Gran Gogol escoita con atención, porque se cadra iso é o mellor que pode facer alguén que está pechado no alto dunha torre... Unha nova historia da viaxeira Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas.

 

A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca…case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.

Programa de Radio do CEIP de Randufe

"Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel.

Programa de Radio do CEIP de Sobrada

Carlos quere saber que pasaba na época dos seus tataravós. Pero a historia empeza moito antes, cando os humanos nos pareciamos máis aos monos que ás persoas. Pouco a pouco fomos evolucionando, aprendemos a cultivar a terra, a manexar moitos instrumentos, descubrimos novos mundos e inventamos unha chea de cousas…

 

 

 

 

 

 

 

Programa de radio do CEIP de Chancelas

Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas musicados, algúns deles que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.


4:06 minutes (3.75 MB)

Programa de radio do CEIP Covas de Meaño

“Poemar o mar” é un libro infantil e xuvenil da editorial xerais e ademáis é perfecto para os rapaces de 9 anos cara diante. Xa vai pola 3ª edición. O protagonista destos versos é o mar.


6:09 minutes (5.64 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut