Secretaría

LISTAXES FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa podedes acceder ás listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de texto para o vindeiro curso 2021-22 todas familias que posuades Chave 365, seguindo:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/,  unha vez logueados, atoparedes a resolución na carpeta de Cidadán.

PROCESO DE MATRÍCULA

Ábrese o prazo para a formalización da matrícula do novo alumnado para o vindeiro curso 2021-2022 admitido neste centro escolar. O prazo de matrícula está comprendido entre o 20 e o 30 de xuño.

Un saúdo

NIVEL MÁXIMO DE RESTRICCIÓNS

Dada a alta incidencia de casos da Covid 19 no noso Concello ( a día de hoxe a Consellería de Sanidade ven de notificar 60 casos positivos) pedímosvos que cando veñades traer ou recoller os nen@s gardedes as distancias. A ser posible que veña un só pai/nai e o máis cerca da hora de entrada ou de saída. Os nenos non saen antes da hora.

Tamén vós pedimos que na medida do posible vos autoconfinedes e saiades o imprescindible. 

Enquisa de Autoavaliación Covid 19

Aquí tedes o enlace para ter en conta todas as mañás antes de enviar aos nenos ao colexio.    Enquisa Autoavaliación Covid 19

 

RESULTADOS CRIBADO

Despois de ter 5 positivos pola Covid 19 no noso centro escolar, desde a Consellería de Sanidade decidiron facer un cribado aos mestres, ao persoal non docente e aos nen@s.

Onte recibimos notificacións os mestres e o persoal non docente, así como todos nenos e nenas do colexio. Temos que decir que os resultados son todos negativos en Covid 19. 

CRIBADO

Dado que no centro escolar hai 5 positivos pola Covid 19, dende a Consellería de Sanidade van realizar un cribado a todos nenos e nenas dende infantil ata primaria, ademáis dos mestres e o persoal non docente. 

Xa están chegando sms coas citacións. 

 

A dirección

COVID 19

Ante la aparición de varios casos de Covid 19 no centro escolar, insistimos que teñades moitas precaución cos contactos que tedes. Entendemos que é moi difícil, e máis nestas datas que se achegan, non acudir onde os familiares. 

DÍA NON LECTIVO

O vindeiro 7 de decembro, tal e como ven publicado no calendario escolar para o curso 2020-2021 celebrarase o Día do Ensino. Deste xeito non volvemos ás aulas ata o mércores 9 de decembro. 

Actualización Plan Adaptación ao contexto Covid 19

Actualización do Plan de Adaptación ao Contexto Covid 19

Powered by Drupal - Design by artinet