DÍA DA BIBLIOTECA

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca no noso colexio leváronse a cabo diferentes actividades.

Comezamos o 23 cunha xornada de portas abertas  para que as familias coñecesen a nosa biblioteca. A visita foi guiada polo alumnado de sexto que ao finalizar lles contaron diferentes contos. O día 24, co lema “Diferentes formas de contar”, de novo, os nenos e nenas de sexto fixeron de contacontos para os compañeiros dos distintos niveis.

CARREIRA SOLIDARIA

O pasado venres 26 celebramos a carreira solidaria contra a leucemia infantil. Foi unha xornada moi emotiva na que alumnado, mestras/es e familias corrimos cun mesmo obxectivo: colaborar na investigación da leucemia infantil. 

 

SAMAÍN

Achégase o Samaín, e o noso colexio xa está ambientado con cabazas, castañas, mazarocas de millo,... que os nosos nenos e nenas con agarimo decoraron para colocar nunha exposición na entrada do colexio.

Quedaron moi chulas!!

VISITA A LUGO

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron a Cidade de Lugo e o Museo Provincial. 

Os nenos e nenas de infantil convertéronse en cavernícolas. Fixeron unha serie de actividades artísticas dentro dunha cova trasladándose á Prehistoria

CARREIRA SOLIDARIA

 

 

O vindeiro 26 de outubro o noso colexio organiza unha carreira solidaria  participando na IV edición de "La vuelta al cole", que é promovida pola Fundación Unoentrecienmil.

O PRIMEIRO DIA DE CLASE

Despois das vacacións do verán, por fín chegou o primeiro día de cole. Vaia sorpresa ao chegar  ao colexio e ver todo o que tiña preparado para nós "Garabato de xogos".

Pasámolo xenial!!!

 

 

COMEZA UN NOVO CURSO!

Agardámosvos coas portas abertas!! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet