Visita guiada pola vila de Melide

 

VISITA GUIADA POLA VILA DE MELIDE

O pasado 9 de maio fixemos unha visita guiada pola vila de Melide. Cristina e Xurxo do Museo Terra de Melide contáronnos a Historia da vila dende as súas orixes ata a actualidade, pasando polos principais acontecementos históricos que tiveron lugar nas nosas rúas (como a edificación do Castelo e das murallas, a segunda Revolta Irmandiña, a visita do Rei-Emperador Carlos V ou a Guerra da Independencia contra os franceses. Tamén visitamos os principais monumentos coas súas características como o Convento franciscano de SantiSpíritus, a Obra Pía de San Antón, o Cruceiro e a Portada da Igrexa de San Roque, entre outros. Aquí deixamos recollido nestes traballos unha pequena mostra do que visitamos e aprendimos.  

 

Powered by Drupal - Design by artinet