Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

SOPA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da non Violencia e da Paz. O acto iniciouse ás 12:10 e prolongouse ata as 13:30 horas. Presentaron os alumnos/as de 6º de primaria.Entre todos/as cociñamos a "Sopa da Paz". Educación Infantil presentou os seus ingredientes en catro debuxos por aula; Educación Primaria en forma dunha palabra por cada aula, ingredientes que se foron engadindo ao cartel da "Sopa da Paz". Todos os alumnos/as asistiron co seu gorro de cociñeiro/a alusivo á Paz e á non violencia. Durante o acto o alumnado de 4º e 6º cantou a canción en francés "On écrit sur les murs", ao que nos sumamos todos e todas, xa que resultou tan motivadora que se repetiu por petición xeral.Rematouse a celebración cantano e bailando ao ritmo da canción móvete de Paco Nogueiras.

 

<

Frances from CEIP OS TILOS on Vimeo.

OBRADOIRO DE COCIÑA

O alumnado de segundo curso de Ed. Primaria participou nun taller de cociña e a verdade non se lles deu nada mal. Fixeron a torta da avoa contando coa colaboración de Verónica Pérez a nai de Luca. Xa sabemos que non podemos tomala todos os días pero para festexar o fin do primeiro trimestre é unha boa idea. Como podedes ver nas fotos  os nenos e nenas  desfrutaron moito ese día. 

 

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega enviounnos un diploma recoñecendo o noso traballo sobre María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018. Amosámosvos o diploma que acadamos co traballo feito entre todos.

 

NADAL 2018

Cando chega O Nadal as familias axúdannos a decorar a  nosa árbore. Este curso os adornos seguiron a temática do proxecto "Tilandra medra sa". Quedou super chulo!. Comprobádeo vos mesmos neste video. 

Grazas por colaborar un ano máis.

 

 

POSTAIS DE NADAL

Un ano máis celebrouse o "Concurso de Postais de Nadal". Os nenos e nenas do colexio participaron no concurso realizando unha postal con temática navideña na que se tiña en conta o PDI "Tilandra medra sa". Elixíronse dúas postais unha de Educación Primaria e outra de Educación Infantil. 

As gañadoras foron:

Marta Casais Cuns de 6º B de Ed. Primaria e Xulia Rodríguez Villaverde de 6º B Ed. Infantil.

NORABOA RAPACIÑAS!

 

 

VISITA DO APALPADOR

O Apalpador visitou o colexio dos Tilos e parolou cos nenos e nenas de Educación Infantil. Achegouse aos cativos e convidounos a unhas castañas quentiñas. Os meniños e meniñas estiveron engaiolados coa marabillosa visita.  

MOITAS GRAZAS FAMILIA !

 

Pincha na imaxe e verás o ben que o pasaron os pequerech@s do cole.

 

OS PAXES DOS REIS MAGOS VISITARON O CEIP OS TILOS

Os paxes de súas maxestades Os Magos de Oriente visitaron o CEIP Plurilingüe Os Tilos, o xoves día 20, para recoller as cartas que as alumnas e alumnos escribiron aos Reis. Os Paxes repartiron doces e escoitaron as panxoliñas que lles cantaron as nenas e nenos.

Este día para as máis pequenas e pequenos é especial, porque están cheos de inquedanza pola chegada dos Paxes e coa emoción de entregar as súas cartas, que escribiron con moita ilusión nos días previos, para que cheguen a tempo aos Reis Magos. 

O ESPANTALLO AMIGO

O luns 26 de novembro o alumnado dende segundo ata quinto de Educación Primaria asistiron ao Auditorio da Ramallosa, para a adaptación que "Os Quinquilláns Teatro" fixeron do libro O Espantallo Amigo de Neira Vilas. Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. A obra obtivo un gran acollemento por parte dos nenos e nenas do cole e todos poidemos desfrutar dunha xornada divertida e enriquecedora.

 

EXPERIMENTOS COS ALIMENTOS!

O mes de novembro é o mes da Ciencia en Galego. Este ano  partindo do proxecto de centro : "Hábitos de vida saudable" experimentamos cos alimentos. Aquí tedes unha pequena mostra desas demostracións.

 

 

<

Experimentos from CEIP OS TILOS on Vimeo.

SAÍDA AO AUDITORIO CONSTANTE LISTE

  O  6 de novembro o alumnado de Educación Infantil asistiu á representación por parte de Mircromina Títeres da obra "A familia unida". Dentro da programación Titiriberia. Olladas sobre os Cristovos que ofrece O Concello de Teo. 

 

 

Distribuir contido