Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Ed. Musical

RAP DAS EMOCIÓNS

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, participou na creación e interpretación dun rap sobre as emocións primarias: ledicia, tristeza, noxo, medo, ira e sorpresa. Dende o CEIP Plurilingüe Os Tilos, non queriamos deixar pasar a oportunidade de introducir conceptos tan importantes como son as emocións e a educación emocional, tan presentes no desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

ELLA

Para celebrar o Día Internacional da Muller, engadindo ás actividades xa publicadas na web, o alumnado do Ceip Plurilingüe Os Tilos, interpretou a coreografía da canción "Ella " de Bebe. Dende a clase de educación musical inténtase dar visibilidade a un día tan importante como é este. 

VISITAS AO AUDITORIO DE GALICIA

Posted in

Os alumnos de 2º e 1º de Educación Primaria asistiron ao Auditorio de Galicia a un concerto a cargo dunha orquesta formada pola Real Filharmonía de Galicia e alumnos da Escola de Altos Estudos musicais coa Casa da Música de Oporto.Pincha na imaxe para ver as fotos desta representación musical.

 

CONCERTOS NO AUDITORIO DE GALICIA 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria: GUILLERMO TELL

Posted in

Os días 30 e 31 de outubro os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria disfrutaron no Auditorio de Galicia da ópera  Guillermo Tell de Gioacchino Rossini, organizada dentro do programa didáctico do Auditorio do Concello de Santiago de Compostela. A modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc.

CONCERTOS CURSO 2017-2018 NO AUDITORIO DE GALICIA

Posted in

PROGRAMA DE CONCERTOS NO AUDITORIO DE GALICIA DESTE CURSO

 

Distribuir contido