Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Educación física

Excursión a Manzaneda

.

O alumnado de sexto desfrutou duns días de lecer na Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda.Tiveron a oportunidade de compartir unha experiencia inolvidable. Pasáronno xenial!

CONVIVENCIAS

EXCURSIÓN A CABEZA DE MANZANEDA

Os alumnos de 6º de Educación primaria forn de excursión a Cabeza de Manzaneda os días 20, 21, 22 de febreiro.

Practicaron esquí e snow, xogos e actividades na neve, actividades lúdico deportivas no pavillón polideportivo, natación na piscina climatizada e baile na discoteca. Foron tres días de diversión ocio e relacións socioafectivas.

CONVIVENCIAS NO CEIP OS TILOS

O pasado día 3 de maio recibimos aos compañeiros/as de Calo e A Ramallosa para celebrar a terceira xornada de convivencias escolares deste curso. A xornada desenvolveuse nas pistas do parque de Os Tilos, na pista do patio de recreo do colexio e no ximnasio. Realizamos diferentes actividades deportivas: voleibol, fútbol, baloncesto e brilé. Os alumnos/as disfrutaron doutra xornada lúdica que se vai completar no mes de xuño coa acampada . Pincha na imaxe pare ver fotografías deste día.

O CEIP OS TILOS , 1º clasificado de centros de Teo na carreira pedestre "BATALLA DE CACHEIRAS"

O CEIP OS TILOS  resultou gañador pola categoría de centros educativos de Teo por segundo ano consecutivo na carreira pedestre "Batalla de Cacheiras" organizada polo Concello de Teo . O premio consiste nun vale por valor de 150 euros para compra de material deportivo. Noraboa aos participantes que representaron ao noso colexio.

SEGUNDA XORNADA DE CONVIVENCIAS DOS ALUMNOS DE 6 º DE PRIMARIA

Os alumnos/as de sexto de primaria acudiron ao CEIP Igrexa de Calo, o pasado martes día 13 de marzo, para participar na segunda xornada do ano das convivencias escolares cos compañeiros dos colexios de Calo e a Ramallosa. Pincha na fotos e verás as imaxes destas convivencias.

 

Excursión a Cabeza de Manzaneda 6º de Ed. Primaria

   

Os alumnos e alumnas de 6º de educación Primaria, acompañados das titoras Lourdes e Carmen e o mestre de EF Jorge, realizaron os pasados días 5,6 e 7 de febreiro unha excursión á Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda; na que realizaron actividades de esquí con monitores , natación na piscina climatizada; e fútbol, baloncesto e tenis de mesa no pavillón. 

 

Distribuir contido