Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

EmocionArte con Tilandra

Ao longo do curso 2020-2021,no colexio estamos desenvolvendo o proxecto “EmocionArte con Tilandra”.

A elección desta temática baséase na Educación Emocional como un proceso educativo continuo que lles axudará aos alumnos-as a desenvolver a súa personalidade e a súa intelixencia en distintas situacións da vida.

Procedemento ante un caso positivo por Covid-19

Aclaración sobre a finalización das cuarentenas

PLAN ADAPTACIÓN COVID

PROGRAMA ACOLLIDA

Entradas e saídas inicio curso 2020/2021

Actividades desenvolvidas co PDI: "EmocionArte con Tilandra"

 O Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e outros equipos do centro, ao longo deste curso deseñamos unha serie de actividades relacionadas co PDI: "EmocionArte con Tilandra". Todo o alumnado e todo o profesorado, e, en xeral, toda a Comunidade Educactiva, participaron no desenvolvemento das actividades propostas.

Aquí un resumo feito polo noso alumnado:

 

Semana das LETRAS GALEGAS (10-14 de maio de 2021)

O Ceip Plurilingüe Os Tilos súmase como cada 17 de maio á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicadas a Xela Arias.

Para conmemorar tal data, as nenas e nenos prepararon a danza dunha muiñeira para, xunto co emprego do galego, fortalecer e divulgar o noso pratimonio artístico e cultural.

 

LISTAS DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

Todo o alumnado que figuraba como admitido nas listas privisionais obtivo praza.

Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

Calendario escolar

 

13 maio festivo local.

17 maio festivo autonómico.

22 xuño remate das clases.

Distribuir contido