Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares o 24 de Outubro, dende a Biblioteca en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega,  desenvolveranse una serie de actividades relacionadas co P.D.I. deste curso” Tilandra no Camiño”. Con este vídeo, os alumnos-as de 5º e 6º de E.P. fan un achegamento da organización e funcionamento da Biblioteca ao resto do alumnado que poderán visionar nas súas aulas a través da páxina web.

 

TILANDRA PEREGRINA

Un curso máis, chega o momento de pór en marcha o Proxecto de centro: Tilandra no camiño.  A primeira actividade que plantexamos foi o debuxo da mascota da biblioteca. Tilandra está preparada para camiñar, pero non un camiño calquera, senon: O CAMIÑO DE SANTIAGO. Así que pedímoslle ao alumnado de quinto e sexto que debuxaran a Tilandra peregrina. Estes foron algúns dos debuxos.

 

 

E aquí temos a nosa Tilandra Peregrina.

PDI 2021/2022: TILANDRA NO CAMIÑO

 

Ao longo do curso 2021 – 2022 desenvolveremos no centro o P.D.I. “Tilandra no Camiño”.

Un dos obxectivos deste proxecto é achegar o Camiño de Santiago ao noso alumnado.

Graduación 6º de Educación Primaria. Curso 2020-2021

Posted in
Vídeo resumo do Día da Graduación do alumnado de 6º E.P.
Un día cheo de emocións e sorrisos.
Grazas ás familias pola vosa colaboración.
 
 
 
 

HORARIO COMEDOR

Mañá, 9 de setembro, dará comezo o servizo de comedor escolar en horario  de 14:00 a 16:00 (hora límite de recollida) .

Os/as alumnos e alumnas sairán pola porta NEI, que dá acceso ao parque de Os Tilos (porta pola que sae o alumnado de 5º e 6º de primaria).

PLANOS COS HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA

COMEDOR ESCOLAR E LISTAXES DEFINITIVAS

Infórmase que 

As listaxes definitivas de admitidos ao comedor escolar publicaranse no taboleiro de anuncios despois das 15 horas. Consulta no taboleiro : de 16 horas e ás 18 horas.

Os alumnos/as que presenten alerxias, intolerancias a determinados alimentos deben comunicalo e presentar o certificado correspondente.

ACLARACIÓN IMPORTANTE

LEMBRAMOS ÁS FAMILIAS QUE SOLICITARON PRAZA PARA O COMEDOR ESCOLAR, QUE ESTAMOS NO PRAZO DE ALEGACIÓNS, POLO QUE A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PODE SUFRIR MODIFICACIÓNS.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS COMEDOR ESCOLAR

Poderase consultar a listaxe provisional de admitidos no taboleiro de anuncios do centro desde o día 2 ata o día 8 ( ambos incluídos ), en horario de 10:00 a 13:00.

Presentación de alegacións desde o día 2 ata o día 8 ( ambos incluídos ), en horario de 10:00 a 13:00.

Distribuir contido