Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

ENTREGA E RECOLLIDA DE MATERIAIS

PROCEDEMENTO E NORMAS

A nai/pai/persoa responsable do alumno/a acudirá ao centro (á aula do seu fillo/a), cumprindo as indicacións que seguen:

- Manter a distancia de 2 metros

- Usar máscara

- Permanecer na aula o tempo estritamente necesario para a entrega/recollida de libros e materiais.

- Entrar ao centro de un/ha en un/ha, e facelo pola marxe dereita.

- Cumprir as indicacións do profesorado que estea na entrada.

* A hora de entrega/recollida de material é exclusiva para esa acción. Se algún pai/nai/responsable do alumno/a desexa manter unha sesión de titoría deberá acordalo co titor/a e realizarse preferentemente por vía telefónica.

* Se algunha familia non pode acudir no día e horario programado, deberá contactar telefonicamente co centro.

* As familias que teñan fillos/as en distintos cursos, poderán realizar a entrega/recollida de materiais e libros de todos os fillos/as o día que lle corresponda á/ao irmá/n maior.

 

ENTRADA E SAÍDA 

Educación Infantil 4º (3 anos) e 5º (4 anos)

Realizarán a entrada e saída pola cancela grande que dá acceso ao ximnasio.

Educación Infantil 6º (5anos), Educación Primaria 1º e 2º; 3º e 4º

Realizarán a entrada e saída pola cancela que habitualmente entra e sae o alumnado, tanto de infantil como de primaria (zona na que se sitúa o transporte adaptado e o autobús da gardería), e dirixiranse á porta principal do edificio.

Educación Primaria 5º e 6º

Realizarán a entrada e saída pola cancela grande que dá acceso ao ximnasio, continuarán pola pista polideportiva ata a entrada/saída do andar inferior do edificio principal, no que están situadas as aulas de 5º e 6º, e entra e sae este alumnado.

LÉMBRASE QUE HAI ALUMNADO QUE DEBE DEVOLVER :

- Mochilas viaxeiras, libros da Biblioteca Escolar.

- Libros de texto que pertenzan a : Colexio (3º - 5º - 6º) , Fondolibros (4º), ANPA (4º e 6º).

- E-Dixgal (5º e 6º): ordenador, maletín, cargador.

 

Todo o material e libros que devolvan ao centro - incluídos os libros da ANPA -, entréganse na aula do alumno/a.

 

CALENDARIO E HORARIO

LUNS, 15 DE XUÑO

CURSO

HORARIO

4º A e 4º B Educación infantil

De 10:00 a 11:30

5º A e 5º B Educación infantil

De 11:30 a 13:00

6º A e 6º B Educación infantil

De 10:00 a 11:30

 

MARTES, 16 DE XUÑO

CURSO

HORARIO

1º A e 1º B Educación primaria

De 10:00 a 11:30

2º A e 2º B Educación primaria

De 11:30 a 13:00

 

MÉRCORES, 17 DE XUÑO

CURSO

HORARIO

3º A e 3º B Educación primaria

De 09:30 a 11:30

4º A e 4º B Educación primaria

De 11:30 a 13:30

 

XOVES, 18 DE XUÑO

CURSO

HORARIO

5º A e 5º B Educación primaria

De 09:30 a 11:30

6º A e 6º B Educación primaria

De 11:30 a 13:30