Contido popular
Título | Resumo | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
"Jerusalema Challange" |
A principios de novembro, dende o CEIP PLURILINGÜE OS TILOS, propuxémonos levar a cabo un reto, o "Jerusalema Challange". Dito reto fíxose famoso polo baile realizado po runs nenos e nenas dun orfanato de Angola, África. Nel podíase ver como cativos de tódalas idades bailaban o son dunha canción. Dende o Centro quixémonos sumar a este reto, para poder desfrutar non só da danza africana, senón tamén, do traballo en equipo. Ademais de pór unha pouca de luz, nun momento tan escuro. Foi un mes e medio intenso, de ensaios e posteriormente gravacións, que deu como resultado, non só o video que veremos a contiuación, senón unha actividade donde tódolos nenos e nenas o pasaron xenial de principio a fin. |
||||||
Visita de Ignacio Soto, arquitecto do Concello de Teo |
O venres, 6 de abril, o alumnado de 4º de Primaria recibiu a visita de Ignacio Soto, arquitecto do Concello de Teo. Durante a súa visita o alumnado aprendeu a distinguir os distintos tipos de construcións así como a diferenza que hai entre as construcións tradicionais e modernas. Esta actividade está relacionada co PDI: "Investiga Teo con Tilandra" dado que o alumnado de 4º é o encargado de investigar os distintos tipos de construcións que podemos atopar no noso Concello. |
||||||
Día escolar da Non Violencia e da Paz 2021 |
Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da non Violencia e a Paz" baixo o lema "RespectArte, ValorArte e EmocionArte con Tilandra", relacionado co PDI que se desenvolve no centro ao longo deste curso. Con tal motivo, lembramos a necesidade de educar para a tolerancia a solidariedade e o respecto aos demais. Actividades: |
||||||
20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA |
O 20 de novembro celebramos o Día dos dereitos da infancia.
Cada aula traballou e reflexionou sobre un deles:
|
||||||
"Tilandra" danos a benvida |
A mascota da nosa biblioteca, Tilandra, dalle a benvida ao alumnado. Mirade de que forma o fixo.
|
||||||
CONVIVENCIAS NO CEIP OS TILOS |
O pasado día 3 de maio recibimos aos compañeiros/as de Calo e A Ramallosa para celebrar a terceira xornada de convivencias escolares deste curso. A xornada desenvolveuse nas pistas do parque de Os Tilos, na pista do patio de recreo do colexio e no ximnasio. Realizamos diferentes actividades deportivas: voleibol, fútbol, baloncesto e brilé. Os alumnos/as disfrutaron doutra xornada lúdica que se vai completar no mes de xuño coa acampada . Pincha na imaxe pare ver fotografías deste día. |
||||||
"Mulleres de Teo": 8 de marzo Día Internacional da Muller |
O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Este ano dado que estamos a desenvolver o PDI sobre o noso Concello, este día adicámollo a todas as mulleres deste concello. Baixo o título: "Mulleres de Teo" o Equipo de Biblioteca confeccionou un gran cartaz con algunhas imaxes de mulleres destacadas deste Concello. Ao longo da semana este cartaz irase completando con fotos de todas aquelas mulleres que son importantes para o noso alumnado e que residen no noso Concello. |
||||||
LETRAS GALEGAS 2019 |
Este ano a Real Academia Galega elixiu a Antón Fraguas Fraguas, autor nacido en Loureiro, Cotobade (Pontevedra) que dedicou a súa vida ao estudo e a defensa de Galicia. Traballou para difundir e recompilar a lingua e cultura popular galega. Así é que ao longo do mes de maio traballamos sobre a biografía do autor e as súas inquedanzas. O 16 de maio celebramos as Nosas Letras e amosamos aos demais compañeiros do cole os traballos realizados. Para comenzar o festexo, eliximos a "Muiñeira de Chantada", dende os máis cativos aos maiores do cole, todos bailamos a ritmo de muiñeira.
A festa tivo que continuar dentro do colexio, a causa da choiva.
Cada aula elixiu un tema para estudar a obra de Antón Fraguas. Este é o resultado final.
Preme na foto do mural e podes ver algunhas imaxes da celebración. O alumnado de segundo recopilaron información sobre os apeiros do agro e elaboraron este mural.
Aquí deixamos un video sobre a actuación do alumnado de segundo de educación primaria nas Letras. Contraseña: letrasgalegas.
|
||||||
ENTROIDO SAUDABLE |
O 1 de marzo celebramos o Entroido no colexio, co lema "Entroido saudable". Desfilamos desde o centro ata o parque dos Tilos. Había macedonia de froitas, corazóns saudables, persoal sanitario, chefs, iorgurtilos, vacas e leiteir@s, amorodos, materia en estado puro e deportistas. Cada curso acompañaba o seu disfrace cunha pancarta relativa ao mesmo. Tivemos a compaña das familias e para repoñer as forzas degustamos unha riquísima merenda: orellas, filloas, froita, rosquillas ...Como remate da festa queimamos o meco que elaboraron os alumnos de sexto de primaria. Agradecemos a participación de toda a comunidade educativa, con especial mención a ANPA pola súa colaboración. Se premedes na imaxe veredes o resultado deste día.
|
||||||
Charla: "Os petróglifos teenses" |
Seguindo coas actividades relacionadas co PDI: "investiga Teo con Tilandra" o alumnado de 6º de Primaria recibiu a visita de Alexandre, membro do colectivo A rula, que lles falou sobre as peculiaridades dos petróglifos e mamoas que se atopan no noso Concello.
|
||||||
"O MUNDO É GRANDE": PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2015/2016 |
" O mundo é grande" é o título elixido para o Proxecto documental integrado que estamos a desenvolver ao longo deste curso 2015/2016 no noso centro. |
||||||
O alumnado de 1º de Primaria visita o Plató 1000 da TVG |
O día 27 de febreiro o almnado de 1º de Primaria visitou o Plató 1000 da TVG, lugar de gravación dos programas Luar, Bamboleo e LandRober, que se atopa no Concello de Teo. Esta actividade, unha vez máis, ten relación co aspecto que están a investigar dentro do proxecto "Investiga Teo con Tilandra" |
||||||
Semana das LETRAS GALEGAS (10-14 de maio de 2021) |
O Ceip Plurilingüe Os Tilos súmase como cada 17 de maio á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicadas a Xela Arias. Para conmemorar tal data, as nenas e nenos prepararon a danza dunha muiñeira para, xunto co emprego do galego, fortalecer e divulgar o noso pratimonio artístico e cultural.
|
||||||
"VIAXA CO TERROR": SAMAÍN 2015 |
Un curso máis celebramos o Samaín no noso centro. O lema deste ano foi "Viaxa co terror". Esta celebración formaba parte do PDI: " O mundo é grande". O alumnado tivo que investigar acerca dos personaxes de medo que hai no país elixido e buscar semellanzas e diferenzas cos do noso país.
Outras actividades foron:
Aquí vos deixamos un resumo de todo o traballado:
|
||||||
Obradoiro de poesía: "Construímos versos" |
Durante os días 11 e 27 de abril o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participaron no obradoiro de poesía: "Construímos versos" coa autora teense Claudia Castro, gañadora do:
|
||||||
Entroido 2018 |
O día 9 de febreiro celebraremos o Entroido no noso centro. O tema elixido nesta ocasión é o Entroido ancestral e rural da zona do Ulla. Ao longo dos meses de xaneiro e febreiro xa fumos celebrando diversos actos relacionados con este tema. Preme nas imaxes para coñecer máis sobre estas actividades.
|
||||||
O alumnado de 2º de Primaria visita o Concello |
O alumnado de 2º de Primaria visitou o Concello. Alí foron recibidos polo alcalde Rafael Sixto e visitaron as dependencias do Concello: alcaldía, rexistro, Secretaría Xeral, Policía Local, Xuldago de Paz, arquivo,... Esta actividade está relacionada co PDI: Investiga Teo con Tilandra.
|
||||||
Biblioteca Escolar - Territorio das Artes |
"Biblioteca escolar - Territorio das artes" é o lema escollido este curso 2016/2017 para os materiais que a Consellería de Educación e Ordenación envía ás bibliotecas escolares. Nesta ocasión o cartaz foi creado por Minia Regos que non invita a experimentar o pracer de expresarnos a través das diferentes artes: música, pintura, arquitectura, danza, teatro, literatura, escultura, cine, cómic, fotografía,... |
||||||
POSTAIS DE NADAL |
Un ano máis celebrouse o "Concurso de Postais de Nadal". Os nenos e nenas do colexio participaron no concurso realizando unha postal con temática navideña na que se tiña en conta o PDI "Tilandra medra sa". Elixíronse dúas postais unha de Educación Primaria e outra de Educación Infantil. As gañadoras foron: Marta Casais Cuns de 6º B de Ed. Primaria e Xulia Rodríguez Villaverde de 6º B Ed. Infantil. NORABOA RAPACIÑAS!
|
||||||
VISITA AO GADIS |
O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil realizou a actividade de "Alimentes" en colaboración co Gadis e dentro do proxecto deste curso "Hábitos de vida saudable". Saímos do colexio no autobús ás 9:30 da mañá cara ao Gadis de Montero Ríos en Santiago. Alí comezamos coa explicación da Pirámide alimentaria e de seguido realizamos unha compra saudable. Percorremos distintas zonas: froitería, peixería, carnicería, zona de bebidas, zona de lácteos e panadería. En cada zona os nenos e nenas decidían o que era mellor para a súa cesta. Foi unha actividade moi divertida e enriquecedora. Aquí deixamos unha mostra do acontecido.
|
||||||
SAMAÍN 2017 |
Do 30 de outubro ao 3 de novembro celebramos o Samaín na nosa biblioteca.
Durate estos días realizáronse lecturas compartidas de medo durante a hora de ler. |
||||||
MAGOSTO 2015 |
O 13 de novembro, un curso máis, celebramos o magosto no noso centro. Este ano contamos ademais cunha xornada de xogos populares. Aquí tedes unha pequena guía coas normas de cada xogo.
Así transcurriu a xornada:
|
||||||
Descubrimos as parroquias de "Teo", "Recesende" e "Cacheiras" da man de Andrea, Leonor, Sara e Alejandro |
Andrea, Leonor, Sara e Alejandro de 2º de Primaria A amósannos as parroquias de Teo, Recesende e Cacheiras. Parabéns polo voso traballo!!!
|
||||||
EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA" |
Cando visitedes a Exposición, na entrada do colexio atoparedes este tríptico con información sobre os diferentes andares e do edificio onde se atopa 4º e 5º de educación infantil.
|
||||||
RECOMENDACIÓNS LECTORAS |
Ademáis de desexarvos unhas Felices Festas, deixamos unha guía de lectura que elaboramos no centro. Esperamos que atopedes nela o mellor agasallo do Nadal. Non esquezades que un libro é un bo amigo. Bo Nadal!
|