A vosa opinión é moi importante. Cubre esta enquisa e axúdanos a mellorar.
Tedes ata o 5 de xuño para responder.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
A vosa opinión é moi importante. Cubre esta enquisa e axúdanos a mellorar.
Tedes ata o 5 de xuño para responder.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Cubre a enquisa e axúdanos a mellorar!!
A vosa opinión é moi importante para nós.
Tedes ata o 5 de xuño para responder.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Contamos con vós para mellorar!! Dade a vosa opinión sobre o traballo relacionado coa Biblioteca Escolar. Teremos as vosas suxestións en conta!!
Tedes ata o 5 de xuño para responder.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Ao longo de todo o curso estivemos traballando no PDI: "Inestiga Teo con Tilandra". Como actividade final o martes día 29 de maio celebramos unha xornada de portas abertas para compartir con toda a Comunidade Educativa os traballos realizados polo alumnado relacionados con este tema.
Aquí vos deixamos o tríptico da exposición:
Seguindo coas actividades dedicadas á autora Mª Victoria Moreno o día 25 de maio o alumnado de 6º de Primaria recibiu a visita do xornalista e escritor Xosé Antonio Perozo.
Xosé A. Perozo foi amigo da autora homenaxeada polo que a través das súas palabras e lembranzas poidemos descubrir moitas cousas sobre a vida desta autora.
Do 21 ao 24 de maio, na biblioteca do cole, tivo lugar a exposición dos traballos realizados polo alumnado de 2º B de Primaria sobre o Concello de Teo. O alumnado, repartidos en grupos de 4 nenas e nenos, encargáronse de estudar dúas ou tres parroquias do Concello.
Estes traballos fixéronse nas casas coa colaboración das familias. Unha vez rematados cada grupo amosoulle aos seus compañeiros e compañeiras o libro que fixeron e expuxéronlles a información recollida.
Moitas grazas ás familias pola colaboración e por ensinarnos tantas cousas sobre as parroquias do noso Concello.
O 21 de maio o alumnado de Edcación Infantil participou na actividade de dinamización: "PiraTeo". Esta actividade, que se desenvolveu na carballeira do cole, tiña como fin divulgar e dar a coñecer os espazos naturais e culturais do Concello de Teo a través das personaxes de "Tuco e Saruco" e os piratas de río.
Os nenos e nenas de 3, 4, e 5 anos participaro nun contacontos dramatizado onde coñeceron a "Tuco e saruco" para despois transformarse en "auténticos" piratas de río e participar nun xogo de pistas interactivo "Na procura do tesouro".
O venres, día 11 de maio, o alumnado de 2º e 6º de Primaria recibiu a visita do arqueólogo Andrés Bonilla. Falaoulles sobre a ciencia da Arqueoloxía: a ciencia que estuda e interpreta as civilizacións antigas a través dos restos atopados.
Amosoulles como se leva a cabo unha prospección, unha excavación, como se analizan os restos,...
Moitas grazas pola visita e ensinarnos tantas cousas!
Seguindo coas visitas relacionadas co PDI "Investiga Teo con Tilandra", o martes, día 8 de maio, o alumnado de 3º de Primaria recibiu a visita da autora e actriz Paula Carballeira. Esta veciña do lugar de Vilanova, no Concello de Teo, contounos cousas da súa infancia, do seu amor polos animais e narrounos unha historia de medo.
Fíxonos pasar uns momentos moi agradables!!!!
Moitas grazas pola túa visita!!!
O martes, 8 de maio, o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria recibiron a visita de Iago López. A animación lectora estivo relacionada co libro "E conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.
"O MUNDO É GRANDE": PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2015/2016 | hai 4 anos 37 semanas |
PLAN DE MELLORAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES | hai 4 anos 37 semanas |
"VIAXA CO TERROR": SAMAÍN 2015 | hai 4 anos 36 semanas |
MAGOSTO 2015 | hai 4 anos 36 semanas |
20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA | hai 4 anos 36 semanas |