Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

Refraneiro Tileiro

Este curso co proxecto "Espallando Saberes" , queremos afondar nas tradicións e os costumes do noso pobo. A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento, así que, xa que estamos no outono e temos un amplo abano de refráns, decidimos elaborar un Refraneiro Tileiro. Gravamos un podcast en Tilandra nas ondas. Preparádevos para escoitalo saboreando, unhas ricas castañas.

 

Celebrando o Samaín

O 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio dos Tilos. O alumnado participou nas distintas actividades planificadas para ese día. 

Velaquí tedes o acontecido! Preme na imaxe.

 

CONTACONTOS DE OUTONO

O alumnado de quinto e sexto de Ed. Primaria leu contos de outono e de medo ao resto dos nenos e nenas do cole. É unha actividade que sempre a desfrutan moito xa que comparten as súas creacións cos máis pequenos.

 

 
 

Entrevista

Obradoiro de regueifas 2023

O nenos e nenas de sexto de educación primaria, desfrutaron do obradoiro de regueifas, que cada ano se imparte no centro, en colaboración co concello de Teo. Este curso visitáronnos Josinho da Teixeira e Nuria Penas. Con este obradoiro preténdese introducir ao alumnado na improvisación oral en verso. Velaquí tedes un pequeno vídeo, do acontecido.

 

Obradoiro de regueifas 2023

O NOSO SAMAÍN

 

O alumnado e as familas do colexio dos Tilos, coma todos os anos participaron na exposición de cabazas do Samaín.

Cabazas horripilantes e tenebrosas, coa temática do proxecto deste curso: "Espallando saberes".

Grazas familias, por participar e botar a voar a imaxinación. 

 

 

24 de outubro. Día das bibliotecas

Como cada 24 de outubro , celebramos o “Día das Bibliotecas Escolares”, e dende a Biblioteca Tilandra davos a benvida a este novo cursoEspallando Saberes”.

O obxectivo do desenvolvemento deste PDI é achegar ao noso alumnado ao coñecemento da cultura e tradicións de Galicia.

Ao longo do curso iremos realizando de xeito transversal actividades relacionadas cos contidos curriculares.

 

 

SAMAÍN 2023

 

PREPARADOS PARA RECIBIR AS MARABILLOSAS CABAZAS DO NOSO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!

 

 

Podcast Presentación do proxecto: Espallando saberes

O alumnado de quinto de educación primaria, leva un tempo preparando o Podcast que inagura o comezo do proxecto deste curso 2023-2024. Traballaron moito na elaboración do guión e trataron de facer un resumo sobre os diferentes temas  nos que podedes indagar, para coñecer mellor a nosa comunidade. Esperamos que vos guste, xa que estiveron moi ilusionados, por gravar este primeiro programa de radio.

Distribuir contido