Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

RECOMENDACIÓN LECTORAS

 Desexávosmos un Bo Nadal acompañado de marabillosas lecturas!

NADAL 2023

O primeiro trimestre remata con distintas actividades das que as alumnas e os alumnos do colexio dos Tilos participaron. Comezamos coa colaboración das familias no xa tradicional adorno para a árbore de Nadal. Nas aulas elaboráronse grilandas con produtos naturais. Os nenos e as nenas escribiron cartas aos Paxes e ao Apalpador. Co proxecto de centro "Espallando Saberes" demos a coñecer ao personaxe da tradición galega; a lenda conta que era o encargado de levar un pouco de felicidade ás aldeas galegas situadas no interior de Galicia, concretamente no Courel, Ancares, Terras de Trives. Na derradeira semana o alumnado participou en divertidos bailes e como remate, hoxe día 21, os máis pequerrechos acudiron á biblioteca para ver a película do Grinch e o resto bailaron e cantaron ao son dun DJ.

GLOSARIO DE CIENCIA

No marco das actividades impulsadas para celebrar Novembro Mes da Ciencia en Galego, xurdiu a idea de elaborar un glosario científico. Nel participaron as alumnas e os alumnos de xeito activo; primeiro pensaron os termos e escribíronnos, a continuación representáronnos cun debuxo e prepararon a definición. Como remate gravamos un video con  todos eles.

5ºE.P.

 
 1ºE.P.
 
 
 
6ºE.P.

EXPOSICIÓN CIENTÍFICA

Elaboramos unha exposición cos diferentes traballos.

EXPERIENCIAS CIENTÍFICAS

Novembro é o mes adicado á ciencia en galego. Con tal motivo, no colexio dos Tilos desenvolvemos distintas actividades, onde o alumnado tomou contacto con varios procesos na elaboración de diversas experiencias científicas. Estas actividades son moi enriquecedoras para que as nenas e os nenos en idades temperás, esperten a curiosidade polo mundo da ciencia. 

O alumnado de 3º E.P. investigou sobre a elaboración do iogur e do queixo.

 
O alumnado de cuarto de E.P. levou adiante experimentos moi simpáticos. 
 
 
 As rapazas de sexto prepararon unha explosión dun volcán que botaba lava de cores.
 
Os nenos e as nenas de segundo de Ed. Primaria, dobraron ósos e modificaron cores.
 

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis no colexio dos Tilos, atendemos ao chamamento das Nacións Unidas para conmemorar o 25-N como Día Internacional contra a violencia de xénero. O alumnado ao longo do mes de novembro, preparou a canción de Guadi Galego chamada "Matriarcas".  O obxectivo da actividade é, que a través da música e da letra desta canción, as nenas e os nenos dende idades temperás, tomen en consideración a importancia de loitar pola igualdade e a liberdade de todas as mulleres do mundo. 

 
 
 
O martes 22, visitounnos a caravana lila do Concello de Teo. O alumnado do centro, participou en distintas actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade. Agasallaron aos nenos e as nenas participantes cunha pulseira lila.
 

RAP 25-N

As nenas e os nenos de quinto de educación primaria, compuxeron un rap en favor da loita en contra da violencia de xénero.

REFRANEIRO DE OUTONO

No outono en Galicia é tempo de castañas, de magostos e como non de refráns. Co fin de deixar recollidos algúns deles, o alumnado participou na recolleita e  posterior representación gráfica. Velaquí tedes un vídeo co traballo realizado.

 

CONCURSO "A CASTAÑA MONSTRUOSA"

Un curso máis, convocamos o concurso "A castaña monstruosa". Cada aula participa elaborando unha castaña decorada, por unha parte coa temática do proxecto e asemade engadindo  a caracterización de monstruosa.

Gañadora de educación infantil: aula 6ºB 

Gañadora de educación primaria: aula de 6ºB

 NORABOA!

Magosto 2023

O venres 10 de novembro, celebramos o Magosto no colexio con xogos populares e degustando ricas castañas.

Se premedes na seguinte imaxe, poderedes ollar o que ben que o pasaron.

 

Distribuir contido