PDI: Tilandra no camiño

NADAL NO CAMIÑO

Co gallo da celebración do Nadal en consoancia co PDI. “Tilandra no Camiño”, ao longo deste mes de decembro , á proposta do equipo de EDLG e da Biblioteca programáronse diferentes actividades para o alumnado, familias e para o profesorado.

-CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Cada neno-a ou cada grupo clase aportou a súa postal realizada con diferentes materiais e técnicas. De todas elíxese unha postal entre o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de E.Primaria e outra, entre o alumnado de 4º,5º e 6º de E.Infantil e 1º e 2º de E.Primaria .

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

O equipo de biblioteca e o EDLG, coas achegas feitas polo profesorado e polas preferencias feitas polo noso alumnado, realizamos unha selección de libros que poden ser do interese dos nen@s. Sen dúbida o mellor agasallo!

Regalar un libro é regalar unha viaxe a outros mundos, a un mundo de fantasía.

 

CANTANDO PANXOLIÑAS CON 5º

 

A rapazada de 5º curso atreveuse con esta adaptación de “Coplas de Nadal de Soutoxuste” do grupo Ailá e fixémola un pouco nosa. Viva o Nadal e viva o cole dos Tilos!

CANTANDO PANXOLIÑAS CON 2º

O alumnado de 2º de primaria felicitanos estas datas coa panxoliña “XA ME TARDAN” de Mamá Cabra. Bo Nadal as familias e amigxs!

CANTANDO PANXOLIÑAS CON 6º

Fixemos esta adaptación no curso de 6º do grupo Muxicas, da canción “no ceo de Belén”, facendo un acompañamento con instrumentos de percusión. Temos o ritmo no corpo! BO NADAL E FELICES FESTAS! 

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a escola debemos adicar tempo e esforzo propoñendo e desenvolvendo actividades que axuden a que a sociedade sexa máis xusta e igualitaria. Nas aulas elaboramos pegadas con lemas a favor dun Camiño en Igualdade, que debemos comenzar a percorrer dende aquí.

 

 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo do MES DA CIENCIA EN GALEGO, ao longo do mes de novembro, o noso alumnado desenvolveu diferentes experimentos.

En 4º de Ed. Primaria, descobren como se forma a erupción nun volcán.

En 1º de Ed. Primaria, experimentan o cambio de cores nas flores.

En 2º de Ed. Primaria, constrúen estructuras tridimensionais con palillos e plastilina de cores.

En 4º de Ed. Infantil, descobren que hai dentro das nubes a través do experimento Facemos chover.

En 5º de Ed. Primaria, convértense en youtubers de ciencia.

En 6º de Ed. Infantil, dentro do proxecto do Sistema Solar experimentan coa "area lunar".

Proximamente máis experimentos..!

Taller de Heráldica

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.P. participaron no obradoiro de heráldica organizado por un equipo pertencente ao Instituto do Padre Sarmiento. As monitoras introduciron a actividade dando información dos escudos, como se elaboraron e cales son os diferentes tipos. Seguidamente entregaron a cada nen@ unha carpeta co material necesario para que cada un fixera o seu propio escudo. Valoramos positivamente a actividade que os alumn@s desfrutaron moito.

 

MAGOSTO 2021

A véspera de San Martiño o centro en colaboración coa ANPA celebrou o Magosto. O seguinte vídeo amosa o ben que o pasaron os nenos e as nenas do colexio. Como novidade un castañeiro foi o encargado de asar ricas castañas.

 

AS ANDAINAS DOS MONIFATES E DON GAIFEIROS

 

O mércores desta semana, tivemos unha visita moi divertida .Os Monifates agasalláronnos cun espectáculo onde o alumnado desfrutou da súa actuación. Un carromato tirado por dous músicos , os cales ao mesmo tempo que interpretan música tradicional galega fan que uns monicreques danzantes bailen sen parar. Os monifates no camiño, cóntannos a historia de Don Gaiferos e os seus amigos.

 Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido.

Powered by Drupal - Design by artinet