Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

VISITA DE MONDRA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, realizamos distintas actividades no centro.

Unha delas é a visita dun cantante que comeza a despuntar na nosa terra. Martín Mondragón, coñecido musicalmente como Mondra é un artista teense, que o pasado mércores recibiu o premio Martín Códax na categoría Electrónica. Nova estrela do trad, un xénero que se inspira na música tradicional galega e a converte nun son actual. Os nenos e as nenas de quinto e sexto de primaria, bailaron ao carón da súa voz acompañado da pandeireta. Compartiron con Mondra, as curiosidades polo mundo da música e a súa traxectoria. Un encontro moi interesante para que o alumnado, entenda a importancia de visibilizar a nosa música e a nosa cultura.

OBRADOIRO CON CHARO PITA

O alumnado de quinto e sexto de educación primaria, desfrutou o mércores 15 de maio dun obradoiro de expresión oral impartido por Charo Pita.

Moitas grazas Charo Pita por acompañar e ensinar aos nenos e as nenas dos colexio dos Tilos,  esa grande faceta túa de expresión e comunicación. Seguro que nos será de gran axuda para futuras locucións en RadioTilandra.

Booktuber Telmo

Recomendación lectora.

`Booktuber André

Recomendación lectora.

 

CONFERENCIA EDUCACIÓN S-XXI-

O alumnado de 5º e 6º do centro, participou nun encontro online co prestixioso psicólogo clínico Rafael  Santandreu. A charla promoveuna A Fundación A banca co título:" El arte de no amargarse la vida". Nela Santandreu explicoulles a importancia de adestrar o cerebro para que pase de situacións de nerviosismo á tranquilidade; do medo á despreocupación e da timidez á extraversión. Unha temática moi interesante e amena.

 

SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril é unha data importante no calendario escolar. Este curso, celebramos O Día do Libro con distintas actividades ao longo da semana:

-Ilustración de portadas: cada neno ou nena do cole, debuxou a portada do seu libro favorito.

-Librotendal: coas portadas elaboramos a montaxe dunha varanda para decorar a carballeira do centro.

-Mercadillo: expurgo na biblioteca, para o troco de libros por portada ou reseña.

-Booktubers: gravacións en vídeo de recomendacións lectoras

-Apadriñamento e amadriñamento de lectores: o alumando de 6º, 5º, 4º, e 3º de ed. primaria compartiron lectura cos máis pequerechos do colexio.

Preme na imaxe e verás o acontecido.

VISITA Á CASA DE ROSALÍA

Ao longo do curso, o alumnado do colexio visita a Casa de Rosalía de Castro. É a quenda de terceiro e cuarto de educación primaria. Esta actividade realízase en colaboración co Concello de Teo.

VISITA DE PERE TOBARUELA- FORMIGAS. MISIÓN ENTROIDO

O autor de "Formigas. Misión Entroido" visitou o colexio e compartiu cos nenos e as nenas de cuarto de Ed. Primaria, un tempo, para a análise do libro lido. Pere Tobaruela contoulles datos importantes da súa obra e contestou ás preguntas que o alumnado lle fixo.

Semana da prensa

Día do cómic

Distribuir contido