Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

MEMORIA DE DIFUSIÓN. PROGRAMA PIALE 2018. INTEGRACIÓN EN FRANCIA (Amiens, Hauts de France)

 

MEMORIA DE DIFUSIÓN. PROGRAMA PIALE 2018. INTEGRACIÓN EN FRANCIA (Amiens, Hauts de France)

 MARÍA JOSÉ IGLESIAS VALIÑO (CEIP OS TILOS.TEO)

 

ASPECTOS DESTACABLES E TRANSFERIBLES DO SISTEMA EDUCATIVO FRANCÉS

ORGANIZACIÓN ESCOLAR DO SISTEMA EDUCATIVO FRANCÉS

O programa PIALE organizado pola Consellería de Educación dentro dos obxectivos de actualización do profesorado na lingua e cultura francesas, consistiu neste caso en integrarse 8 profesores e profesoras de francés en diferentes centros escolares franceses durante o mes de novembro.

Dúas mestras impartiamos francés en primaria e os seis restantes eran mestres de secundaria.

No meu caso  fíxeno nun centro de primaria (Edmond Rostand) e nun centro de secundaria (Collège Rosa Parks).

Ambos estaban nunha zona considerada como REP + (Réseau d’Éducation Prioritaire). Esto ten por obxectivo correxir os impactos das desigualdades sociais e económicas e contribuir ao éxito escolar reforzando á acción pedagóxica e educativa nas escolas e establecementos nas que, coma esta, se encontran con grandes dificultades sociais.

Os maiores beneficios que optiñan por esta catalogación eran o de dispor de maiores recursos económicos e de personal.

Así, nos dous primeiros cursos o número máximo de alumnos era de 12.

Os profesores dispoñían de 9 días no curso para formarse dentro do horario escolar. Nese momento os seus alumnos eran atendidos por profesores sustitutos itinerantes. Había axudantes do profesorado que non eran mestres dentro das aulas. A figura da AVS (Asistente de Vida Escolar), encargábase, baixo a dirección do profesorado, de axudar aos alumnos a copiar apuntes, realizar as tarefas… .

O sistema escolar organízase por ciclos.

Consta de 4 ciclos distribuidos do seguinte xeito:

 

Cycle 1. École maternelle. Corresponde a Educación Infantil.

Cycle 2:  Nel comenza a educación primaria e comprende 3 cursos: CP, CE1 E CE2.

Vai dende os 6 aos 9 anos e correspóndese aquí con 1º, 2º e 3º de educación primaria.

Cycle 3: tamén comprende tres cursos: CM1, CM2 E 6º.

Neste ciclo obsérvase unha importante variación con respecto a España, pois o denominado como 6º correspóndese ao 6º de primaria español, pero os alumnos franceses fan este curso no collège, polo que o terceiro ciclo cabalga entre a escola primaria e o instituto. É decir, a educación primaria remata no que aquí ven sendo 5º curso.

 

A educación é obligatoria dende os 6 aos 16 anos, pero a partir do vindeiro ano queren que o sexa xa obligatoria dende os tres anos.

As familias poden educar aos seus fillos nas casas sendo a instrucción supervisada pola inspección de educación.

O 82% do alumnado estudia en centros públicos laicos, que son gratuitos para as familias.

A escola privada acolle aproximadamente ao 19% do alumnado. Estes centros reciben tamén fondos do estado. Teñen o mesmo programa e horario que a escola pública e son controlados polo Ministerio de Educación Nacional. As familias abonan tamén parte dos gastos de funcionamento.

 

 

ÉCOLE MATERNELLE                 ou Educación Infantil

 

      

A école maternelle corresponde ao cycle 1 e escolariza a alumnos de 3 a 6 anos, inda que en centros como estes nos que estivemos e que teñen a catalogación de rep+ empezanxaaos 2 anos.

      

Tanto na école élémentaire (primaria) coma na maternelle é o concello o que se encarga dos edificios, os equipamentos e a escolarización do alumnado.

 

 

ÉCOLE ÉLÉMENTAIRE  ou Educación Primaria

 

      

Podemos ver que hai unha sustancial diferencia co sistema educativo español no que se refireaos ciclos e cursos. Consta de dous ciclos.

      

O cycle 2 comprende os cursos CP e CE1 e CE2 (de 6 a 9 anos). Ocúpase das aprendizaxes fundamentais e en centros rep+ como era este tiñan un máximo de 12 alumnos por aula (inda que tiñan mezclados nenos de 6 e 7 anos.

      

O cycle 3 (de 9 a 12 anos) está a cabalo entre a escola primaria e o collège. Engloba 3 cursos: CM1, CM2 e 6º . Os dousprimeiros corresponden a primaria e 6º está no collège. A principios de curso teñen reunións o profesorado de CM2 cos profesores do collège para informarlles sobre a marcha do alumnado.

 

 

SECUNDAIRE ou Educación Secundaria. En Francia pode estar no Collège ou no Lycée.

 

Comeza en 6º que é un curso puente que forma parte do 3º Cycle. Lévase a cabo entre os collèges e os lycées.

O Collège é o lugar donde están escolarizados os adolescentes desde los once ata os catorce anos. Está dividido en catro cursos que van en orden degradativo: sexto, quinto, cuarto e terceiro.

O collège ten como misión ofrecer aos alumnos un tronco común de coñecementos básicos obligatorios e os seuscontidos educativos, dirixidos a alumnos comprendidos entre os once e os quince años,  repártense entre as siguintes materias: Francés, Matemáticas, Lengua extranxeira I, ciencias sociales (Geografía, Historia, Economía y Educación cívica), ciencias experimentales (Física, Bioloxía, Xeología e Tecnoloxía), Educación artística, Educación manual e técnica; e Educación física y deportiva.

 

Este primeiro ciclo de enseñanza secundaria comprende catro cursos, distribuidos á súa vez en tres ciclos:

. ciclo de observación e de adaptación (Sixième),

. ciclo central (Cinquième et Quatrième)

. ciclo de orientación (Troisième).

Ao final de curso de troisième (equivalente a 3º de ESO) os alumnos obteñen un diploma chamado “Brevet des collèges”.

 

Tras o seu paso polo collège, os alumnos continúan os seus estudios ben nos institutos de enseñanza xeral ou tecnológica, ou ben nos institutos profesionales. Este segundo ciclo da enseñanza secundaria  exténdese aproximadamente dos quince aos dazaoito anos.

 

Nos institutos de enseñanza xeneral ou tecnológica (Lycées d’Enseignement Général ou Technologique)  impártese unha formación que dura tres anos. Os alumnos de Seconde siguen todos o mesmo programa escolar, sin unha especialización específica. Ao finalizar este curso elixen unha rama xeral ou ben tecnolóxica.

 

 

 

Calendario escolar francés

 O calendario escolar francés diferenciase bastante do español, inda que o número de días lectivos é similar.

Este curso escolar 2018/19 comenzou o día 3 de setembro e remata o 6 de xullo

Aproximadamente cada 6 semanas teñen dúas semans de pausa,  inda que varían según a rexión na que se encontre a escola.

 

Zona escolar na que fixen a integración (Amiens), comenzaba as clases o día 3 de setembro e remataba o 6 de xullo neste presente curso escolar, sendo eso común a toda Francia.

Pero a zona na que se sitúan os centros aos que asistin, repartían os seus períodos de vacacións do seguinte xeito:

 

Vacances de la Toussaint Do 20 de outubro ao 5 de Novembro

Vacances de Noël Do 22 de Decembro ao 7 de Xaneiro

Vacancesd’hivern  Do 10 ao 24 de febreiro

Vacances de printemps  Do 6 ao 22 de abril

Ademais, e común a toda Francia, existen os seguintes días festivos:

En Francia hay 10 días festivos:

1 de enero: Año Nuevo

28 marzo: lunes de Pascua

1 de mayo: Fiesta del Trabajo

5 de mayo: Ascensión

8 de mayo: celebración del final de la 2ª Guerra Mundial

14 de julio: Fiesta Nacional

15 de agosto: Asunción

1 noviembre: Todos los Santos

11 noviembre: Armisticio 1918

25 diciembre: Navidad

 

En maio teñen tres días festivos moi próximos: o 1, o 5 e o 8

Outro aspecto destacable en canto ao calendario escolar é o feito de que a semana escolar era de catro días, pois os mércores non tiñan clase

 

ASPECTOS DESTACABLES E TRANSFERIBLES DA ORGANIZACIÓN DOS CENTROS

 

      

Os centros escolares tiñan diferencias importantes de organización en canto a horarios e atención do alumnado. Tamén na dotación de medios humanos según foran centros de educación primaria (école élémentaire) ou de secundaria (collège ou lycée).

 

 

 

Centro escolar de Educación primaria Edmond Rostand

 

Había 9 profesoras, das cales 6 eran fixas e 3 eran mestras fixas pero itinerantes que estaban en máis dun centro escolar.

As profesoras impartían todas as materias : lengua, sociales, naturales, matemáticas, inglés, educación física, música. Non se imparte relixión nas escolas. Dispoñen dunha « charte de laicité » na que se especifica a laicidade da educación.

O concello ofrecía actividades deportivas e musicais dentro do horario escolar e que formaban parte do programa de música e de educación física. Así, tiñan piscina, patinaxe, deporte escolar no pavillón de deportes municipal así como tamén lles organizaban actividades deportivas no Coliseum.

En música o concello tamén se implicaba organizando actividades como saídas a concertos ou organización de actividades de orquesta e coro que facían dentro do horario escolar pero con personal pagado polo concello.

Os alumnos que tiñan dificultades disponían da axuda dunha Auxilier de Vie Scolaire. Dependendo das necesidades do alumnado pode haber unha AVS para un solo alumno ou 1 para dous ou tres.

Ademáis para o alumnado con necesidades especiales hai unha profesora especialista que traballa con pequenos grupos de nenos fora da aula dun xeito similar a cómo ocurre en España. Chámanse ULIS (Unité Localisé pour L’Integration Scolaire) e a profesora que se facía cargo destes alumnos ademáis de ser mestra tivera que superar unhas probas específicas para o posto.

A directora do centro impartía clases só durante dous dos días da semana, e os outros dous desempeñaba funcións de dirección. Durante o tempo que ela estaba fora da aula os seus alumnos estaban a cargo dunha profesora itinerante con carácter definitivo que compartía este e outro centro.

 

 Exemplo do horario dunha profesora de CM2 (5º curso de primaria)

 

 

Tal e como se pode apreciar no horario desta profesora, a semana organízase en 4 días lectivos, pois os mércores non teñen clase.

Comenzan ás 8.30 pero por turnos o profesorado ten que facer a acollida dos alumnos 10 minutos antes desa hora. Tamén fan vixiancia por turnos desde as 13.35 ás 13:45 e durante os tempos de recreo.

Sin embargo, unha vez que os nenos saen do recinto do colexio, nin a dirección nin o profesorado non ten ningún tipo de responsabilidade sobre os nenos, que poden marchar con irmáns maiores, ou ir sólos para a casa se os pai

s o solicitan. A medio día van comer ás casas ou quedan na cantina. Durante o tempo de comedor encárganse dos nenos monitores pagados polo concello.

Non disponen de bedel nin de ningún tipo de personal administrativo, e cada aula ten unha pantalla do videoporteiro e se chaman ao timbre na cancela son as profesoras as encargadas de abrir e atender á persoa que chega.

Tampouco existe un equipo directivo e a directora é a que se ocupa de toda a tarea do centro. Dos catro días que ten a semán, ela imparte clase dous días, os outros dous dedícaos a labores do cargo.

Para ser directora ten que superar un concurso que a acredite para o cargo.

 

O profesorado cada 7 anos (pero incluso pode ser máis a miúdo) ten o que se chama o Rendez-Vous de carrière que ven sendo unha avaliación feita pola inspección. A principio de curso avisa ao profesorado que vai ser obxecto de avaliación e o día fixado está na aula coa profesora e cos alumnos durante unha parte da xornada lectiva. O profesorado ten que superar esa proba ou correxir as carencias que se lles sinalen e inflúe na súa nómina o resultado dela. Como anécdota comentar que solían decir que o exceso de burocracia que conlevaba cubrir todos os documentos requeridos non redundaba necesariamente na calidade do ensino, pois tiñan que desatender en parte ao alumnado para dar resposta a todas as demandas burocráticas.

O profesorado non dispón de horas libres e fan un total de 24 horas lectivas á semana. Ademáis fan unha hora máis de reforzo cos alumnos que o precisan podendo elexir facela a mediodía ou ao finalizar pola tarde. Ademáis o profesorado que está interesado pode dar clase particular aos alumnos percibindo por eso un soldo extra. Poden ser clases de reforzo ou de idiomas maiormente.

A biblioteca do centro era moi pequena e con pouco material e non dispoñía de  personal nin tempo para facer un programa de aproveitamento.

Fan plans de evacuación caso de peligro de incendio, e de evacuación ou confinamento dentro do centro escolar en caso de atentados ou desastre nuclear.

 

INTEGRACIÓN NO COLLÈGE ROSA PARKS

 

Para non extenderme moito enfatizarei aquí nos aspectos máis destacables sobre todo na comparativa con respecto a escola primaria.

O alumnado e o profesorado, ao igual que pasa en España, teñen un horario diferente. Así, os alumnos entran ás 8.00 e remataban ás 16.30 salvo o mércores, que remataban

ás 11. Había unha pausa de media hora pola mañá e outra pola tarde, e neses casos ao igual que nas entradas, estaban baixo a supervisión e vixiancia dos “surveillants” que eran persoas encargadas de acompañar aos alumnos durante o tempo de descanso, castigos ou cando teñen que quedarse unha hora máis no centro realizando tarefas escolares como castigo por mal comportamento.

A medio día iban comer á casa o comían nun espacio destinado a ese fin e xestionado polo concello.


 


 

Todos os alumnos teñen un carnet de liaison como unha especie de axenda na que escriben os país e os profesores todo o referente á marcha dos alumnos.

Nel figuran as normas de funcionamento do centro, as cuestión referentes á disciplina, e toda aquela información de interés sobre a escolarización: datas avaliación, ausencias xustificadas…

No instituto (collège) hai un director, Le Principal, que é un cargo representativo. Non ten carga lectiva e ten que superar un concurso-oposición para selo. É tratado con respeto por alumnos e profesores. Había tamén unha enfermeira e unha asistenta social que compartían este centro con outro próximo.

 

 

                                                                                      

 

CURIOSIDADES:

 

-         

Todos os días cando se veían, tanto á mañá como á tarde, o profesorado saudábase dándose dous bicos.

-         

O director do instituto era saudado cordialmente cun apretón de máns.

-         

O profesorado de secundaria non vixía nin entradas nin recreos, pero vai ao patio de recreo a buscar aos alumnos, que esperan en filas.

-         

Fixemos unha excursión cos alumnos de 4º (2º da ESO) e o curioso é que para ir ver unha sesión de cine no centro da cidade desprazáronse en transporte público. Pagaban coa tarxeta de bus. Non é a primerira vez, comentaba a profesora de español, que teñen que ir en dous buses urbanos diferentes en distintas horas por non haber sitio para todos xuntos.

-         

Fanse plans de evacuación caso de atentado, incendio, desastre nuclear.

-         

Si un neno ou nena ten un mal comportamento quédase unha hora máis no centro escolar atendido por un vixiante que non é profesor. Eso avísase e rexístrase no “carnet de surveillance”.

-         

Os alumnos permanecen de pé ata que o profesor lles manda sentarse. Cando un profesor entra a dar calqueira recado levántanse en señal de respeto.

-         

Ningún centro escolar disponía de rede wifi, e todos os ordenadores se conectaban por cable, pois consideran que as ondas son perxudiciais para a saúde das persoas.