Mochilas viaxeiras: Ed. Infantil

Este curso fíxose o reparto das mochilas que nos enviaron dende a Asesoría de Bibliotecas, dentro do programa "Libros que van e veñen", a todo o alumnado de Ed. Infantil. Estas serven para levar á casa os libros da biblioteca e fomentar así a inquedanza pola lectura e o gusto por ler.

É unha actividade encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura. Xunto coas mochilas fíxose entrega dun tríptico elaborado pola Asesoría de Bibliotecas con orientacións para as familias.

mochilasinfantil

Powered by Drupal - Design by artinet