Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

24 de outubro. Día das bibliotecas

Como cada 24 de outubro , celebramos o “Día das Bibliotecas Escolares”, e dende a Biblioteca Tilandra davos a benvida a este novo cursoEspallando Saberes”.

O obxectivo do desenvolvemento deste PDI é achegar ao noso alumnado ao coñecemento da cultura e tradicións de Galicia.

Ao longo do curso iremos realizando de xeito transversal actividades relacionadas cos contidos curriculares.

 

 

SAMAÍN 2023

 

PREPARADOS PARA RECIBIR AS MARABILLOSAS CABAZAS DO NOSO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!

 

 

Podcast Presentación do proxecto: Espallando saberes

O alumnado de quinto de educación primaria, leva un tempo preparando o Podcast que inagura o comezo do proxecto deste curso 2023-2024. Traballaron moito na elaboración do guión e trataron de facer un resumo sobre os diferentes temas  nos que podedes indagar, para coñecer mellor a nosa comunidade. Esperamos que vos guste, xa que estiveron moi ilusionados, por gravar este primeiro programa de radio.

INFORMACIÓN EDIXGAL ALUMNADO 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Posted in

Preme sobre a imaxe para acceder á información sobre o seguro de cobertura do equipamento eDixgal do alumnado.

 

Preme sobre a imaxe para acceder á información sobre preguntas frecuentes.

 

Resultado de imagen de interrogación

INICIO DO CURSO 2023-2024

O día 11 iníciase o curso 2023-2024.

Entrada e saída de alumnado ao centro.

Educación infantil

Este curso todo o alumnado de educación infantil (4ºA, 5ºA, 6ºA, 6ºB) estará no edificio de infantil.

4º, 5º, 6º de infantil realizará a entrada e a saída ao recinto escolar pola cancela "S".

4º e 5º: entrada e saída ás aulas pola porta principal do edificio.

6º: entrada e saída ás aula polo patio cuberto.

MOI IMPORTANTE: DOCUMENTACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Posted in

Todo o alumnado que presente algunha alerxia ou intolerancia alimentaria, debe presentar neste curso académico 2023-2024, o correspondente informe médico.

Prazo: antes de comezar a usar o servizo.

 

Todo o alumnado debe presentar tamén o documento para cubrir os días de asistencia ao comedor (Días comedor).

 

Todo o alumnado deberá entregar o anexo II- autodeclaración- cuberto e asinado(ANEXO II).

 

O alumnado ao que lle corresponda efectuar o pago do comedor, deberá entregar a orde de domiciliación(Orde domiciliación).

 

 

AUTORIZACIÓN SAÍDA DO CENTRO EDUCATIVO.

As autorizacións para a saída do alumnado do centro educativo, poderanse entregar a partir do día 11 de setembro ao mestre/a titor/titora.

INFORMACIÓN REUNIÓN INFORMATIVA 4º INFANTIL (3 ANOS)

O día 6 de setembro ás 10:00 horas, reunión informativa sobre o desenvolvemento do curso 2023-2024 para as familias do alumnado matriculado en 4º de infantil (3 anos).

LISTAXES DEFINITIVAS COMEDOR ESCOLAR 2023-2024

Posted in

O XOVES 20 de xullo publicaranse, no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2023-2024.

LISTAXES COMEDOR ESCOLAR

Posted in

O MÉRCORES 12 de xullo publicaranse, no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes provisionais de admitidos e de reserva para o curso 2023-2024.

Distribuir contido