Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

A HISTORIA EN FEMININO

O mércores 21, Ana Hermida da asociación Lisístrata, visitou o noso centro para celebrar o 11-F Día da muller e a nena na ciencia. A actividade "A historia en feminino", consistiu nun monográfico sobre mulleres referentes no ámbito científico.  Participou  o alumnado dende 1º ata 6º de educación primaria.

 

 

CATA DE QUEIXO

O alumnado de 2º de educación primaria, participou nunha cata de queixos e produtos lácteos, co selo de Galicia Calidade, da man da catadora Salomé Beiroa, e acompañados polas súas mestras-titoras.

Esta iniciativa que se presentou hoxe no Ceip Plurilingüe Os Tilos e que se extenderá a outros centros do concello, foi inaugurada pola alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez acompañadas da concelleira de educación María Vazquez.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O alumnado de quinto e sexto de primaria, recibiu a visita de Paula López, directora adxunta do CITIUS. A misión do CITIUS é a mellora da sociedade a través das tecnoloxías intelixentes. A charla ten como obxectivo dar visibilidade ás mulleres que traballan no mundo da ciencia. Paula explicoulles, en que consiste o traballo do CITIUS e en particular o dela. 

Moitas grazas pola visita!

MANDATOS DE TILANDRA

O colexio comezou a semana de Entroido cos Mandatos de Tilandra.

Entroido en Galicia

Día Internacional da Radio

Murgas de Entroido

Para celebrar o Entroido e o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio, as nenas e os nenos do cole compuxeron unhas coplas ou murgas. De seguido visitamos  Tilandra nas ondas para gravar un Podcast.

 Esperamos que vos guste!

MANDATOS DE TILANDRA

Ola nenas e nenos do colexio dos Tilos!

Atopámonos preto de comezar a semana de Entroido. Como cada ano, Tilandra, suxírenos a vestimenta para desfrutar e pasalo ben ao longo da vindeira semana.

Velaquí tedes os MANDATOS!

 

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Paz e non Violencia. Este día, ten como obxectivo fomentar a educación na tolerancia, na solidaridade, na concordia, no respecto aos dereitos humanos...Valores que inculcamos a diario no alumando do colexio. Este 2024 para celebralo, decoramos pombas nas aulas; cantamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras "Móvete". Asemade na biblioteca elaboramos un mural. O martes 30, gravamos ás diferentes aulas e xuntámonos todos no patio, para compartir entre todos e todas este Día. 

Velaquí tedes o resultado.

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

Un curso máis solicitamos á participación no Plan Director, para o alumnado de quinto e sexto. Consiste nunha charla informativa sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais...,  A charla foi impartida por  un  axente que pertence ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A información, neste caso foi adaptada á idade do alumnado do colexio. 

Distribuir contido