Hoxe luns 25 de abril, celebramos no colexio O Día do libro. Programamos distintas actividades para o alumnado nesta semana.
-Lectura na carballeira co apadriñamento de lectores.
Foi un día de encontro entre o alumnado maior do colexio e os pequerrechiños. Por fin de novo a lectura na carballeira co apadriñamento de lectores. O tempo acompañounos e o alumnado desfrutou dunha hora de lecer, compartindo a lectura cos máis cativos.
-Libros a voar.
Dende a Biblioteca do centro, levouse á cabo un expurgo de libros e consideramos que un xeito de darles vida de novo é regalándollos aos nenos-as coincidindo co Día Internacional do Libro. Ao longo da semana estableceuse un horario para cada curso no que o alumnado que quixera un libro entregou como troco un debuxo relacionado coa temática do PDI “Tilandra no Camiño”.
Esta actividade tivo moi boa acollida polos nenos-as.
-Minibooktoubers.
-Elaboración de contos.
Para O Día do libro o alumnado de primeiro, elaborou un libro colaborativo inventado por eles: "Verdiño e Lila" e "Sorpresa Barbacoa". Foi unha experiencia marabillosa e estaban moi emocionados. Esperamos que vos gusten tanto, como desfrutamos nós en facelo.