Iniciar sesión: Acceso

AXUDAS MUNICIPAIS 2022-23: LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR

Informamos que xa están publicadas as bases que regulan o procedemento para a concesión de axudas ás familias do alumnado dos centros docentes con enderezo en Vigo para o curso 2022-23.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida famliar e laboral.

  • AXUDAS
    • Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).
    • Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
  • PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
    • PRAZO: 12/07/2022 - 09/08/2022.
    • A través da carpeta Cidadá do Concello de Vigo (convocatorias).
    • Presencialmente con cita previa:

Comedor

Informamos que xa está dispoñible o modelo de autodeclaración responsable de comedor  para o curso 2022/23.

Podedes descargalo no arquivo adxunto ou recollelo na secretaría do centro os días 7 e 8 de xullo en horario de 11 a 12 horas. O prazo máximo para entregalo no centro é o 7 de setembro.

Na seguinte ligazón podedes consultar as Instrucións dos comedores escolares para o curso 2022/23.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

Adxuntamos listado dos libros do curso 2022/2023

Nos cursos de 4º, 5º e 6º de EP, teredes que mercar caderno de inglés:

Recordamos que alumnado de 5º e 6º de Primaria non mercan libros por ser aulas EDIXGAL.

A listaxe de material escolar así como os cheques serán entregados no mes de setembro xunto cos libros do fondo.

GRADUACIÓN 2022

O pasado 22 de xuño celebramos no cole a graduación de 6º de infantil e 6º de primaria. Acompañados das familias, compañeiros e compañeiras e mestres do centro, os nosos rapaces e rapazas ofrecéronnos actuacións musicais e de baile, así como discurso de despedida por parte do alumnado de 6º. Representando ao curso de 5º, Irene e Nora tamén tiveron unhas palabras para os seus compañeiros graduados.

Agradecemos as familias e a anpa pola súa colaboración. Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de infantil e os mellores desexos para 6º de EP na súa nova etapa.

6º EDUCACIÓN INFANTIL

 6º EDUCACIÓN PRIMARIA 

MINI CONCERTO GUITARRA

O 8 de xuño visitou o noso centro Jose Luis, pai de dous alumnos do centro para ofertarnos un mini concerto de guitarra. Pasamos un rato moi entretido no ximnasio do cole.

Moitísimas grazas polo agasallo musical!! Esperamos que no futuro máis familias se animen a compartir con nós este tipo de actividades.

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: