Skip to Content

Club de lectura

REMATAMOS "O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA"

O venres 18 de febreiro reunímonos de novo o Ruxi Club para dar por rematado o libro que estábamos a ler, "O elefante dunha soa orella" de Xosé Henrique Rivadulla Corcón.

Foi unha sesion moi emotiva xa que o libro así nolo pareceu, os rapaces e rapazas falaron do que a lectura deste libro lles fixo sentir. Tamén falamos da vida e da enfermidade e de cómo poder afrontar e aceptar as dificultades que imos atopando polo camiño. Sen dúbida un libro moi recomendable.

Tamén acordamos a lectura do próximo libro, será "Plan de Rescate" de Antía Yáñez.

 

                        

O RUXI CLUB recomenda "El Club de los Raros"

Rematado o libro de Jordi Sierra y Fabra "El Club de los Raros", unha representación de alumnas do Ruxi Club subiu á radio da biblioteca para falar sobre esta lectura.

Aitana, Inés, Carmen e Iria animáronse a comentar e recomendar este libro, adaptado en lectura fácil para dar cabida a todo o alumnado.

                   

                  

 

 

 

 

NOVA LECTURA DO RUXI CLUB...

O pasado venres 4 de febreiro reuniuse o Ruxi Club para retomar a lectura, nesta ocasión comezamos un novo libro, "O elefante dunha soa orella" do autor Xosé Henrique Rivadulla Corcón.

Estableceuse un calendario para as próximas reunións e, entre todos e todas, acordamos desdoblar o Ruxi Club constituíndo así dúas quendas para poder aproveitar e disfrutar máis e mellor as reunións do Club de Lectura.

 

                         

 

Rematamos "El Club de los Raros" de Jordi Sierra i Fabra

Comezamos o 2º trimestre cunha nova reunión do Ruxi Club. Despois das vacacións de Nadal, tíñamos acordado rematar o libro que estábamos a ler, "El Club de los Raros" do escritor catalán Jordi Sierra i Fabra.

O sentir xeral do Ruxi Club con respecto a este libro é que gustou moito, transmite moitos valores e fai reflexionar sobre as diferenzas (ou non) entre as persoas.

Aproveitamos para xogar ó Pasapalabra de "El Club de los Raros", pasámolo xenial!!!

 

 

O Club de lectura visita a radio

Para dar por rematado o primeiro libro que limos no Ruxi Club, unha pequena representación dos nenos e nenas que forman o Club de Lectura visitaron a Ruxi Radio e gravaron un podcast no que nos falan do libro "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey.

 

                            

Último Ruxi Club deste trimestre

O venres 17 de decembro tivemos a última reunión do Club de Lectura antes das vacacións de Nadal.

Había que ler ata o capítulo 9 incluído, pero estes rapaces e rapazas son tan xeitosos que moitos xa leron todo o libro, "El Club de los raros". A sensación que transmitiron os lectores e lectoras foi que lles gustou moito e que se poden sacar moitas reflexións con este libro.

Á volta das vacacións de Nadal retomaremos esta lectura e daremos por finalizado o libro.

Aproveitando que era a última reunión antes do Nadal e os responsables da biblioteca e do club de lectura estamos tan contentos coa evolución e resposta do Ruxi Club... que decidimos que os nenos e nenas do Club merecen un pequeno agasallo pola súa implicación, entusiasmo e interés.

Boas festas e boas lecturas!

 

                   

5ª Reunión do Club de Lectura, Ruxi Club

O pasado venres 3 de decembro o Ruxi Club volveuse a reunir. Nesta ocasión comezamos un novo libro, "El Club de los raros" de Jordi Sierra i Fabra.

Incluímos un exemplar de Lectura Fácil, para dar cabida a todo o alumnado de 6º de primaria que estea interesado en participar no Ruxi Club.

Lemos un chisquiño, debatimos e quedamos para a próxima reunión...

 

Comezamos o CLUB DE LECTURA

Distribuir contenido


by Dr. Radut