Skip to Content

Club de lectura

PASAPALABRA SOBRE "ÁS DE MOSCA PARA ANXO"

O pasado venres 2 de decembro no grupo 2 do Club de Lectura rematamos o libro que estábamos a ler "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey.

Houbo un amplio debate sobre a lectura, rapaces e rapazas aos que lles gustou, outros non tanto, nenos e nenas que o recomendan, hai quen opina que a pesar de que non resultou ser o seu libro favorito pasaron un bo rato lendo... que en definitiva, de iso se trata.

No que sí coincidimos todos foi nas risas e no ben que o pasamos intentando entre todos resolver o Pasapalabra sobre o libro que lles preparamos os profes.

Tamén decidiron a súa próxima lectura, por unanimidade queren ler "Plan de rescate" de Antía Yáñez. Así que iste será o próximo libro que se lerá no grupo 2 do Ruxi Club.

 

                   

ÁS DE MOSCA PARA ANXO

O pasado venres tivemos unha nova reunión no Ruxi Club. Nesta ocasión debíamos ler ata o capítulo 17. Todos os participantes leron ata onde acordamos e houbo quen incluso adiantou a lectura.

Os comentarios sobre o que levamos lido foron moi positivos. Os rapaces e rapazas falaron do que máis lles gustou e tamén comentaron comportamentos que non lles gustaron nada, que non se deben consentir, como cando os compañeiros e compañeiras fan burla da protagonista da historia.

Acordamos acabar a novela para a próxima reunión, que será en 15 días.

 

                                   

PRIMEIRA REUNIÓN CO ALUMNADO DO GRUPO 2

O pasado venres 4 de novembro tivemos unha nova reunión do Ruxi Club, nesta ocasión foi co alumnado de 6º de primaria participante no club de lectura e que pertence á segunda quenda, ó grupo 2.

A reunión foi moi amena e productiva e a coordinadora do club propúxolles varias alternativas de lectura.

Os rapaces/as despois de valorar, debatir, ler os argumentos dos libros propostos e chegar a realizar unha votación... decidiron por maioría que a próxima lectura que se lerá no Ruxi Club, grupo 2, será "Ás de mosca para Anxo" da autora Fina Casalderrey.

Agardamos que vos guste!

 

                                                

ARRANCA O RUXI CLUB!!!

O venres 28 de outubro tivemos a primeira reunión deste curso do Club de Lectura co novo alumnado de 6º de primaria. Este curso haberá dúas quendas xa que houbo moitos/as anotados/as.

Xuntámonos na biblioteca co primeiro grupo de rapazada con ilusión e interés por comezar.

A responsable do Club de Lectura ofreceulles varias alternativas para escoller a lectura coa que comezar. Houbo unanimidade, leremos "Plan de rescate" de Antía Yáñez.

O próximo venres tócalle a quenda ao segundo grupo de rapazada.

 

                           

 

                                   

 

LEDICIA COSTAS

 O venres 10 de xuño tivemos a inmensa a “ledicia” de recibir a Ledicia Costas, a autora máis lida en todos os colexios de Galicia.

Estivemos moito tempo agardando que viñera ó noso cole xa que a súa axenda está moi completa.

Ao fin, o venres botou a mañá con nós. Alumnado e profesorado abraiounos coa súa proximidade e sinxeleza, quedamos todos encantados coa visita de Ledicia.

Dende a biblioteca non podímos imaxinar mellor acticidade para dar por rematado o curso escolar e así pechar a biblioteca ata setembro.

 


 

"O DROMEDARIO NADADOR"

O pasado venres tivemos unha nova reunión no Club de Lectura, Ruxi Club. Nesta ocasión comentamos o último libro que estivemos a ler, "O dromedario nadador" de Xavier López Rodríguez.

Logo dun longo debate no que houbo opinións de todo tipo, quen lle encantou e quen comentou que foi dos libros que menos lles chamou de todos os que levamos lido no Ruxi Club. Así, con opinións, refexións e comentarios diversos demos por rematado este libro.

Agardamos á próxima reunión!

 

                         

  

RECOMENDACIÓNS NA RADIO SOBRE "PLAN DE RESCATE"

Unha representación dos integrantes do club de lectura subiron á radio para falarnos sobre o último libro que lemos no Ruxi Club, "Plan de rescate" de Antía Yáñez.

Un libro que gustou moito e é moi recomendable!

 

                       

 

    

Rematamos "Plan de rescate"

O pasado venres tivemos unha nova reunión do club de lectura. Nesta ocasión rematamos o libro que estábamos a ler "Plan de recate" de Antía Yáñez.

A opinón xeral ao respecto foi de satisfación, diversión e intriga. O club recomenda esta lectura xa que o sorriso está asegurado.

 

                   

 

Próxima lectura: "O dromedario nadador" de Xavier López Rodríguez.

PLAN DE RESCATE

O pasado venres tivemos unha nova reunión do noso Club. O libro sobre o que falamos é  "Plan de rescate" de Antía Yáñez.

Para a reunión establecemos traer lido ata o capítulo 4 incluído. Os nenos e nenas comentaron que lles está a gustar moito e que lles provoca diversión, intriga, compañeirismo e solidaridade.

Nesta ocasión xa fixemos un desdobre e comezamos a facer dúas quendas para ter todos a ocasión de falar sobre o libro que estamos a ler.

A próxima semana máis co segundo grupo de rapaces e rapazas do Ruxi Club.

 

                

"O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA" na radio.

Un grupo de alumnas de 6º de primaria, Andrea, Julia, Lucía e María animáronse a falar na Ruxi Radio sobre o último libro que limos no Club de Lectura da biblioteca, "O elefante dunha soa orella" de Xosé Henrique Rivadulla Corcón.
Orixinal, triste, realista, emotivo, precioso... son algúns dos adxectivos que se repetiron no Ruxi Club para describir este libro.
 

 

 
Distribuir contenido


by Dr. Radut