Skip to Content

Club de lectura

PASAPALABRA DE "DETECTIVES EN CHANCLAS"

Como xa ven sendo habitual os venres toca Club de lectura. Este venres reunímonos co Grupo 1 para dar por rematado o libro "Detectives en chanclas" da autora Paloma Muiña.

A rapazada comentou que o libro lles gustou moito e que disfrutaron moito da súa lectura. Tamén, e xa empeza a ser un clásico, ao rematar de comentar o libro a mestra responsable do club fíxolles, a modo de xogo, un Pasapalabra sobre o libro. Pasámolo moi ben!

 

                      

DETECTIVES EN CHANCLAS

O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Ruxi Club co alumnado do Grupo 1. Como xa demos por rematado o libro anterior, nesta reunión estivemos a escoller unha nova lectura.

Despois de ler o argumento de varios libros que había dispoñibles, a rapazada decantouse polo libro de Paloma Muiña, "Detectives en chanclas".

 

                     

 

PASAPALABRA DE "¿QUIERES SER EL NOVIO DE MI HERMANA?"

O pasado venres, no grupo 1 do Club de Lectura rematamos a novela que estabamos a ler ¿Quieres ser el novio de mi hermana? de Maite Carranza.

A rapazada gustoulles moito e ata houbo quen dixo que foi o libro que máis lles gustou ata o de agora.

Logo de falar sobre o libro fixéronse dous equipos, o das rapazas e o dos rapazes que xogaron ao xogo do Pasapalabra sobre a lectura, quen sería o gañad@r..?

 

                          

NOVAS LECTURAS, NOVAS AVENTURAS

Rematada a última novela no grupo 2 do Club de Lectura, agora tocou escoller a próxima lectura.

A decisión foi complicada, había moitas opcións, houbo debate, votacións...  por unanimidade saíu gañadora a novela de Maite Carranza "¿Quieres ser el novio de mi hermana?"

 


 

"PLAN DE RESCATE NA RADIO", Grupo 2

Dous representantes do grupo 2 do Club de Lectura, ao rematar de ler a novela de Antía Yañez "Plan de rescate" animáronse a ir á radio a gravar unha pequena recomendación sobre o libro.
A Mauro Fernández e a Sara Vázquez gustoulles este libro e pensan que lles pode gustar a máis compañeiros do colexio.
Aventuras, intriga, diversidade, amizade, amor... todo esto e máis podedes atopalo nesta novela.

 

                        

 

FALAMOS DO LIBRO DE MAITE CARRANZA

O grupo 1 do Club de Lectura volveuse a reunir o venres pasado na biblioteca. Alí a rapazada comentou que o libro que estamos a ler, "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" da autora Maite Carranza estalles gustando moito.

Quedamos de rematalo para a próxima reunión.

                                

PASAPALABRA DO LIBRO "PLAN DE RESCATE"

O pasado venres, o grupo 2 do Club de Lectura rematou de ler o libro de Antía Yáñez "Plan de rescate".

O alumnado comentou sobre a trama, os protagonistas e o desenlace da historia.

Ao rematar de comentar sobre o libro xogamos ao pasapalabra e houbo unha pequena competición entre dous equipos, as rapazas contra os rapaces... o resultado foi moi axustado...

 

NOVO LIBRO NO CLUB DE LECTURA

Comezamos o ano cunha nova lectura, a rapazada voltou das vacacións de Nadal con ganas de ler.

O grupo 1, despois de ler, debatir e votar, escolleron: ¿Quieres ser el novio de mi hermana? de Maite Carranza como próxima lectura para o club de lectura.

"ÁS DE MOSCA PARA ANXO" NA RUXI RADIO

O venres, como xa é costume, tivemos unha nova reunión no Club de Lectura. Nesta ocasión estivemos cunha pequena representación do alumnado do grupo 2 do Ruxi Club. André, Yanay, Clarisa e Michelle visitaron a radio e falaron un pouco sobre o libro que leron no club, "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey.

Tamén aproveitaron para felicitar o Nadal a todo o colexio.

        

               

 

 

O CLUB DE LECTURA VISITA A RADIO

O pasado venres 9 de decembro, David, Diana e Sara, unha representación do alumnado que forma parte do grupo 1 do Club de Lectura visitou a Ruxi Radio.

Alí falaron do libro que acaban de ler, "Plan de rescate" de Antía Yáñez, escoitade as súas recomendacións, son moi interesantes...

 

                                

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut