Skip to Content

QUE É PARA MIN A BIBLIOTECA?

ACTIVIDADE: QUE É PARA MIN A BIBLIOTECA?
 
Bo día,
como sabedes, o día 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas, e gustaríanos contar coa vosa colaboración para animar aos alumnos a festexalo.

A idea é que, dende a casa e contando coa colaboración das familias, o alumnado exprese o que é para el/ela a biblioteca escolar, por medio de debuxos, frases, textos, vídeos breves ou pequenos murais. Non teñen que traer á escola nada físico. Fagan o que fagan, deben envialo en foto ou vídeo curto ao correo da biblioteca: bibliotecaocoto@gmail.com

O último día para enviar os seus traballos será o luns 19 de outubro.

Moitas grazas pola vosa colaboración,
o equipo de Biblioteca Escolar do CEIP O Coto


blog | by Dr. Radut