Skip to Content

Información funcionamento do Centro

Guía de funcionamento do centro.

Bo día.

Nesta guía poderedes atopar a información necesaria do funcionamento do CEIP O Coto.

Agardamos que sexa da vosa utilidade.

Saúdos.

 

INICIO DE CURSO

 

CURSO ESCOLAR 2017-2018

 

O luns 11 de setembro iníase o curso escolar en Ed. Infantil (alumnado de 4 e 5 anos) e Ed. Primaria. De forma excepcional, este primeiro “día de acollida” do alumnado a forma de entrada será a seguinte:

 

  • Infantil:

    • Entrada polo patio de Suárez ( rúa Rosalía de Castro s/n)

    • Horario : 9:40 ata 14:40

    • Serán recollid@s polas titoras nas filas do patio de columnas.

  • Primaria:

    • Entrada patio de primaria, esperarán a ser chamad@s desde 1º ata 6º de primaria por orde de lista. O titor/a acompañaraos ás clases.

    • Horario : 9:40 ata 14:40

    • De forma excepcional, este primeiro día, as familias do alumnado de primeiro e segundo curso poderán acompañal@s ata as clases para axudarlles a levar o material escolar. A partires dese momento, incorporaranse ó horario de aula.

 

Saída:

 

  • Infantil:

    • Serán recollid@s polas familias no patio de columnas a partires das 14:20.

  • Primaria:

    • Sairán polo patio de columnas, a partires das 14:40.

      HORARIO COMEDOR

      O comedor comezará este primeiro día co horario de 14:40 a 15:30 (xantar) e de 15:30 a 16: 30 (recreo comedor). Os autobuses sairán ás 16:30. O alumnado que non faga uso do transporte, será recollido no patio de columnas, a entrega comezará ás 15:30 polo alumnado de Ed. Infantil.

      Durante o curso, o alumnado de comedor NON PODERÁ ABANDOAR O CENTRO ANTES DAS 15:30 (1ª quenda) OU DAS 16:30 (2ª quenda). Entre ambas quendas, NON SE ENTREGARÁ ALUMNADO.

      IMPORTANTE!!!

      AS FAMILIAS QUE QUEIRAN RECOLLER ÓS/ÁS ALUMN@S ÁS 15:30, DEBERÁN FIRMAR ANTES UNHA AUTORIZACIÓN PORQUE O HORARIO DE REMATE DO COMEDOR É ÁS 16:30.

      Agradecendo de antemán a súa colaboración. Un saúdo e bo comezo de curso para tod@s.

      O equipo directivo.

 

TRÍPTICO INFORMATIVO FUNCIONAMENTO DO CENTRO

 

 

FE DE ERRATAS

O HORARIO DE BALONCESTO É: martes e xoves  16:30 - 17:30

AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO REMATARÁN NO MES DE ABRIL.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut