Skip to Content

Comedor escolar

COLABORADORES DE COMEDOR

Abrese o prazo para solicitar colaborar no comedor escolar. Os pais/nais/titores legais interesados poden achegar a súa solicitude a secretaría do centro en horario de 9 a 14:OOH antes do 15 de xullo.

Comedor escolar

 Obxectivos xerais do comedor escolar

1. Desenvolver e fomentar hábitos alimentarios saudables dende a escola, educar nutricionalmente, ensinar un comportamento social e ser centro de desenvolvemento de habilidades e de convivencia.

2. Cubrir unha parte importante das necesidades nutricionais dos nenos, proporcionando menús escolares saudables. As outras comidas do día deben achegar o resto das cantidades axeitadas de enerxía e de macro e micronutrientes, que permitan un bo estado de saúde e un crecemento óptimo durante a idade preescolar, escolar e adolescente.

3. Proporcionar unha alimentación variada para garantir a inxestión suficiente e adecuada de nutrientes e enriquecer a capacidade de adaptación do neno ós diferentes alimentos, sabores e texturas.

4. Educar á familia a través dos hábitos dietéticos adecuados dos nenos e involucrala no programa do comedor escolar.

5. Favorecer a integración do profesorado no proceso de educación nutricional na escola.

 

 

Normas hixiénicas no comedor

 1. Lavar as mans antes de comer.

2. Manter unha postura correcta e unha actitude relaxada.

3. Comer sen présas. Aconséllase que o tempo necesario para comer non sexa inferior a 20 minutos.

4. Mastigar ben.

5. Beber durante a comida.

6. Saber utilizar os cubertos.

7. Utilizar o pano de mesa sempre que sexa necesario.

8. Evitar falar coa boca chea, pero si conversar cos compañeiros nun ton axeitado.

9. Manter limpa a mesa.  

Distribuir contido


by Dr. Radut