Centro de pedagoxías vivas e activas
Visita ao IES Xulián Magariños do alumnado de 6º
Hoxe o alumnado de 6º foi visitar e coñecer o IES Xulián Magariños ao que prontiño irán xa. Dende o colexio queremos agradecer a todos e todas os que alí nos recibiron polo ben que se portaron xa que nolo fixeron pasar moi ben.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Velaquí as recomendacións de lectura e xogo, para todas as idades, da nosa Xoaniña lectora, Lola, para que gocedes durante estas merecidas vacacións. Descansade moito, coidádevos, e volvede con forza e ánimo para o próximo trimestre.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL BIBLIOCOTO(1).pdf | 305.02 KB |
COMEDOR ESCOLAR
Adxunto | Tamaño |
---|---|
NOVEMBRO.pdf | 70.86 KB |
DECEMBRO(1).pdf | 66.42 KB |
xaneiro.pdf | 70.59 KB |
QUE É PARA MIN A BIBLIOTECA?
ACTIVIDADE: QUE É PARA MIN A BIBLIOTECA?
Bo día,
como sabedes, o día 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas, e gustaríanos contar coa vosa colaboración para animar aos alumnos a festexalo.
A idea é que, dende a casa e contando coa colaboración das familias, o alumnado exprese o que é para el/ela a biblioteca escolar, por medio de debuxos, frases, textos, vídeos breves ou pequenos murais. Non teñen que traer á escola nada físico. Fagan o que fagan, deben envialo en foto ou vídeo curto ao correo da biblioteca: bibliotecaocoto@gmail.com
O último día para enviar os seus traballos será o luns 19 de outubro.
Moitas grazas pola vosa colaboración,
o equipo de Biblioteca Escolar do CEIP O Coto

- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5