Xornada de Xogos Populares e Magosto.
![INFANTIL 5 - COLÉGIO SER: VIDEOAULA - FICHA 97 + PORTFÓLIO - 08/06/2020](https://2.bp.blogspot.com/--r9smXCARcY/WbrS9DDHCKI/AAAAAAAA3x4/3prWKDrpinMlCzcKyPLkB94_1MtIF05dQCLcBGAs/s1600/pularcorda2.gif)
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/obxetivos%20desenvolvemento%20sostible.gif)
O pasado martes día 10 de outubro de 2023, levouse a cabo a xornada de xogos populares para o alumnado de Infantil no colexio. Sería o mércores día 11 de outubro cando tivo lugar a xornada para o alumnado de primaria. O alumnado de 6º foi o encargado de ensinar aos demáis cativos moitos, moitos xogos antigos, para nenos e nenas de agora. O certo é que o fixeron xenial como profes. Noraboa!.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/InCollage_20231113_194054481.jpg)
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/InCollage_20231113_194135974.jpg)
Unhas xornadas enmarcada no Proxecto "Diver-xente" que este ano puxo en marcha o colexio, para dar resposta a Axenda 2030 dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Activa-T e Naturaliza-T promoveron estas xornadas onde os ods de saúde e benestar, entorno natural e a reciclaxe de xoguetes de antes, foron os protagonitas dunha xornada lúdico-festiva.
Tamén se levou a cabo a tradicional baixada de carrilanas, feitas en familia con materiais de refugallo.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/InCollage_20231113_194358379.jpg)
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/InCollage_20231113_194443186.jpg)
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/InCollage_20231113_194515485.jpg)
E non podía faltar coma fin de festa o tradicional magosto, con castañas colleitadas nos nosos bosques en familia, unha delicatesem culinaria que fixo as delicias de maiores e pequenos.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/InCollage_20231113_194234225.jpg)
Grazas a toda comunidade educativa, por xornadas coma estas.