Dentro do proxecto Naturalíza-T arrancamos no terceiro trimestre coa iniciativa " Recreos residuos 0", unha idea de @teachersforfuturespain que nos pareceu moi interesante e decidimos unirnos a ela.
Os alumnos de 4º fixeron de ponentes por todas ás aulas explicando esta nova iniciativa e motivando aos alumnos a traer merendas saudables que non xeneren resíduos.
Comezamos facendo unha recollida de lixo no patio para comezar con éxito esta nova actividade, que busca reducir os resíduos, ademáis de fomentar hábitos de vida saudable nas nosas familias, en definitiva, coidar o planeta.
O ALUMNADO DE 1º viaxou polo país das emocións. Contouse o conto da empatía sobre a conciencia emocional...
Realizaronse actividades como a caixa da calma, ginkama das emocións...
Actividadesfundamentais para un grupo moi activos, que continuamente demandaba, baixar a intensidade e volver a calma. Tamén se centrou o traballo na resolución de conflictos.
Antes de marchar de vacacións de Pascua, os nenxs de 3ºP fixeron un coello con ovos de chocolate, feito con materiais reciclados ( botellas de plástico).
Leváronllos aos seus afillados de 4 anos. Eles tamén tiñan unha sorpresa preparada para os seus padriños, uns regaliños de chocolate.
O alumnado de 5º de Educación Primaria,sacou para a horta o martes 30 de marzo de 2023, todo o plantado de sementes: chícharos, tirabeques, leitugas, cabaciños e cánones, que medrou dentro do colexio. Agora teremos que coidalas para colleitar boa colleita.
O pasado venres, día 24 de marzo de 2023, o alumnado de 3ºA estivo na horta, poñendo arxóns para as fabas, así medrarán dereitas e poderemos ter boa colleita.
Un fantástico traballo en equipo, que xa comezaran as familias e que rematou este grupo de 3º. Gran traballo de tod@s!
O pasado mércores, día 22 de marzo de 2023, o alumnado de 2º de Educación Primaria, sacou para a horta as leitugas, as cenorias, as cebolas, os calabacíns os allos que xa creceran no interior da escola. . Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.
O alumnado de 5 anos leva dende o mes de outubro traballando nun proxecto educativo sobre as mazás. Hoxe, mércores día 22 de marzo de 2023, por fin fomos ao restaurante da nosa escola para cociñar e degustar as nosas receitas con mazás.
Aquí vos deixamos as receitas e instrucións destes grandes cociñeiros.
Durante a semana do 20 marzo de 2022, activouse o mercado ecolóxico Cintas de Cores do 2, coa axuda das familias colaboradoras con Voz Natura na escola. Elas foron as encargadas de preparar o posto do mercado, preparar os produtos ecolóxicos para a venda que procedían da horta da escola ou do excedente dalgunhas familias que colaboraron.
Moitísimas grazas a todas as familias involucradas. Un traballo extraordinario!
O alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou o martes 7 de marzo de 2023, plantado de sementes: chícharos, tirabeques, leitugas, cabaciños e cánones. Fixéronno nos recipientes de refugallo que xa usaran os compañeiros de 4º e que xa sacaron as súas plantas á horta. Así estamos dándolle un novo uso a envases que soamente estaban previstos para un só uso.
Plantación do alumnado de 5ºA.
Plantación do alumnado de 5ºB.
Agora serán os encargados de darlle os coidados necesarios, para que as plantas medren e poidan sacalas á horta.
Hai unhas semanas os terceiros fixeron sementeiros de chícharos, cenorias, perexil, espinacas e canónigos.
Xa era hora de pasalos para a horta. Divertíronse moito preparando a terra e facendo os buratos para os chícharos. Agora tócalle coidalos para obter unha boa colleita.
O pasado venres, día 3 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºA de Educación Primaria, sacou para a horta as fabas que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para poñer unhas plantas de amorodos. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.
O pasado mércores, día 1 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºB de Educación Primaria, sacou para o horta, os tirabeques e chícharos que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para regar as plantas da horta. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.
Con motivo da conmemoración do día de Rosalía de Castro o Equipo de Normalización Lingüística do centro organizou unha actividade no ámbito Naturaliza-T.
O alumnado do centro escribou poemas, frases en pensamentos que despois decorarian o mural de Rosalía.
Aproveitando este momento cada clase plantou o seu pensamento para a compañar o seu mural e que o día de Rosalía coas súas palabras e pensamentos na lingua nai, fose un día máis natural e de respeto ao medio ambiente.
Excelente traballo do Equipo de Normalización do centro e de todo o alumnado.
Durante o mes de febreiro foron nacendo as plantas que o alumnado de 4º sementou en botes de reciclaxe. Apareceron as plantiñas de xirasois, tirabeques, chícharos e fabas e case están listas para levar á horta.