Residuos 0

O C.E.I.P Nº2 DE TUI ESCOLA RESIDUOS O.

Seguimos ao igual que o curso pasado a traballar, para ser unha escola residuos 0. Para iso o noso alumnado, familias e mestr@s están a tomar conciencia da importancia de merendas saudables e sen residuos nos nosos patios. Para isto cada clase ten a súa caixa para deixar os envases durante o tempo de lecer. Cando remata o recreo son recollidos e levados de novo a casa, para poñer a disposición das merendas do día seguinte.

Queremos deixar unha gran pegada no planeta.