Como toda biblioteca escolar que se precie debemos de ter unha mascota. No noso caso tivemos o privilexio de que unha ilustradora do prestixio de Ánxeles Ferrer viñese ao noso centro e que fose ela a que nos debuxase a nosa mascota.
Eleccións para o nome da mascota Na biblioteca estivemos de eleccións. Tiñamos que elixir nome para a nosa mascota. Primeiro houbo en cada clase unhas "primarias" nas que saíu elexido un candidato de cada aula. E despois cada neno e nena tiña que marcar na papeleta o seu preferido e ir a votar:
O número de votos acadados por cada un dos candidatos foi o seguinte:
Polo tanto, a nosa mascota xa ten nome, chámase Lúa. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||