Xuño 2019 |
Festa fin de curso: Elixe unha vida saudable e feliz 21de xuño de 2019 O día 21 de xuño, continuando co proxecto Erasmus+ que estivemos a traballar na escola este curso, celebramos a Festa de fin de curso co "slogan" Elixe unha vida Saudable e Feliz, organizada pola ANPA do colexio. Tod@s os responsabl@s esforzáronse moito en preparar a escola cunha decoración fantástica con motivos saudables, preparar as actividades deportivas, a entrega de diplomas, etc... Atopamos a escola transformada nun lugar onde a vida saudable e feliz foi o máis importante durante a xornada: había froitas de todo tipo, motivos con alimentación saudable, merendas saudables, xogos que nos fixeron pasar un día inesquecible e entrega de diplomas para recoñecer as actividades que fixemos ao longo de todo o curso.
Queremos agradecer á ANPA, aos pais, as nais, ao centro, aos equipos docentes, ao profesorado e a todas aquelas persoas que fixeron, co seu esforzo, que a festa de fin de curso fose un día especial, para @s nen@s do Ceip Nº2 de Tui. Grazas e bo verán a todos/as. |
|||
Biblioboletín 3º Trimestre curso 18/19. Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.
|
|||
Aloiada 19. 13-14 de Xuño de 2019 Os días 13 e 14 de xuño de 2019, tivo lugar a Aloiada, unha proposta de Actividades no medio Natural: escalada, Orientación, Primeiros auxilios, acampada, piragüismo e remo, destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria de todo o Concello de Tui, que tivo unha duración de 2 xornadas, desenvolvéndose nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia e o Río Miño, en colaboración con todos os centros educativos da nosa cidade, as familias, o Concello de Tui, Clubs deportivos, Federacións, casas comerciais e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada. Grazas a tod@s por favor posible que o alumnado de 6º disfrutara de dúas xornadas de vida saudable e feliz, nun entorno como o Parque Natural do Monte Aloia e o Río Miño. |
|||
Tui en Ruta 19. 18-19 de Xuño de 2019 Os días 18e 19 de xuño tiñamos previsto unha Actividade no medio Natural: actividades de ciclismo, piragüismo e remo, destinada ao alumnado de 5º de Educación Primaria, que se ía levar a cabo en 2 xornadas, desenvolvéndose nas inmediacións do Río Miño, e o Centro educativo. Debido á climatoloxía adversa do día 18 de xuño, a actividade soamente se levou a cabo o día 19 cunha ruta e Ginkana en bicicleta suprimindo a actividade de piragüismo. Esta actividade levouse a cabo en colaboración do centro coas familias, o Concello de Tui, Clubs deportivos, Federacións, casas comerciais e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada. Grazas a tod@s por favor posible que o alumnado de 5º disfrutara de esta actividade de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño. |
|||
Ruta Saudable en Patinete 19. 17 de Xuño de 2019. O día 17 de xuño tivo lugar, a Ruta saudable en Patinete, dentro das Actividades no medio Natural , destinada ao alumnado de 4º de Educación Primaria: ruta en patinete, taller de ecoloxía, taller de merendas saudables e taller de Ioga. Tivo unha duración de unha xornada, desenvolvéndose entre o centro educativo e a praia de Guillarei polo carril bici da Veiga. Esta actividade levouse a cabo en colaboración do centro coas familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.
Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 4º disfrutara de esta actividade de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño. |
|||
Ginkana do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar 19 . 20 Xuño do 2019 O día 20 de xuño tivo lugar unha ginkana deportiva con pistas e xogos que achegan o noso alumnado ao Camiño de Santiago. Levouse a cabo para o alumnado de 3º, nas inmediacións da cidade de Tui, cunha duración de una xornada lectiva, en colaboración do centro coas familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 3º disfrutara de esta actividade de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño. |
|||
Ruta do río Lagartón. 11 de xuño de 2019 O día 11 de xuño tivo lugar unha ruta de sendeirismo que achegou ao noso alumnado á Ruta do Río Lagartón, próximo ao colexio. Levouse a cabo para o alumnado de 2º, en colaboración do centro coas familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.
Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 2º disfrutara de esta actividade de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.
|
|||
VI Triatlón Tui-Porriño. Sábado 8 de xuño de 2019 Marina de Tui O pasado sábado día 8 de xuño de 2019 tivo lugar o VI Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e Club San Telmo, a partires das 16:00h. O equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui participou na proba de apoio como voluntarios. |
|||
Facemos limonada Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unha refrescante limonada o venres pasado. Os limóns faciltounolos o profe Adri que tiña no seu limoeiro, a maiores mercamos azucre e auga e puxémonos máns a obra. Primeiro expremimos os limóns cun exprimidor e ó zume que obtivemos engadímoslle agua e azucre. Aproveitamos esta rica limonada para acompañar como bebida na celebración dos aniversarios deste mes. |
|||||||
II Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 "Promover estilos de vida felices e saudables" Varese Italia Lunes 3 de Xuño 19- Viernes 7 de Xuño 19.
Durante esta semana do 3-7 de Xuño de 2019, varios Mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “II Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Instituto Comprensivo Varese 2 en Varese Italia. Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “ Promovendo estilos de vida felices e saudables.
Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto: · Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. · Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). · CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España). · Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda) · Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). Na xornada do martes 4 de Xuño de 2019, pola mañá o profesorado terá a oportunidade de visitar a Scuola Bosco-Canziani de Varese: actividades deportivas e tempo no aula. Xa pola tarde terán unha xuntanza do Proxecto Erasmus+ e rematarán o día coa visita Cultural ao Sacro Monte.Tomaran contacto co idioma, o entorno e o deporte, para ensinar aos nen@s do noso centro. Na xornada do mércores 5 de xuño, visitaran a Scuola Pascoli de Varese, para coñecer o seu sistema educativo, ás aulas, o alumnado, etc . Pola tarde levarán a cabo un Tour no Lago Maggiore en barco. Será na xornada do, xoves 6 de xuño e para rematar a estadía en Varese, a formación xirará entorno ao desenvolvemento do proxecto, formación en Eramus+, plataformas eTwinning, etc así como a visita ás cidades de Varese e Milán. Unha experiencia que tal como nos transmitiron os compañeiros desprazados a Armagh, no I Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 promete ser moi enriquecedora e totalmente recomendable. |
|||||||||
Visita a Illa de San Simón para @s alumn@s de 1º e 2º. Os primeiros día de xuño de 2019 o alumnado de 1º e 2º visitaron a Illa de San Simón, un lugar moi pertiño de Tui onde tiveron oportunidade de navegar en barco, visitar a Illa de San Simón, saber das súas aventuras históricas e xogar no seu entorno. Pasárono xenial.
|
|||
Equitación en Hípica Lazán para @s alumn@s de 1º e 2º. Os primeiros día de xuño de 2019 o alumnado de 1º e 2º visitaron Hípica Lazán, un lugar moi pertiño de Tui onde tiveron oportunidade de aprender moito sobre o mundo dos cabalos, como alimentalos, coidalos, peitealos, etc...
|
|||