Febreiro 2020

RIQUÍSIMO!!!

E...xa temos a proba da primeira receita cos froitos da nosa Horta de Lúa!!! Os nenos e nenas de 3 anos remataron este proceso tan interesante. Sementaron, coidaron e recolectaron grelos de Santiago. Para completar esta maravillosa experiencia e coa colaboración das nais deste curso, prepararon no Restaurante de Lúa unha receita moi saudable e moi da nosa terra: filloas de verduras.

Os nenos opinaron que estaban deliciosas. Guiño 

Moitísimas grazas ás titoras e ás nais deste nivel e por suposto aos nosos nenos e nenas por compartir esta experiencia.....seguro que aprenderon un montón!!!

 

 

   DELICIOUS!!

And....so we have at last the first healthy recipe with the vegetables grown in our vegetable garden. Students from 3-years-old class made in colaboration with the families a very popular local recipe: vegetable pancakes. 

They said it was delicious!!

Thanks a million to the teachers and the families for sharing this great experience....they have learnt a lot for sure!! 

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

O pasado mércores 19 de febreiro tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. 

Todo@s xogamos, disfrutamos e gañamos unha medalla, que fixo que a nosa cara reflexase a mellor das satisfaccións. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.

 

 

 Badminton 19-20

On Wendsday 19th it was the final of Badminton school championship. Students from 3rd, 4th, 5th and 6th grade played in Tomiño’s municipal pavillion.

We all played, had a great time and wo a medal, you can see our happiness in the pictures.

Merendas saudables de Lúa.

Merendas saudables de Lúa.

Durante os meses de xaneiro e febreiro o alumnado de 5º e 6º do CEIP Nº2 de Tui, estiveron deseñando as merendas saudables, axeitadas para ter unha alimentación sa.

 

Esta semana son os encargados de ensinar ao alumnado de Ed. Infantil, 1º ciclo e 2º ciclo a importancia de estas merendas. Así a vindeira semana empezaremos a rexistrar as merendas que os nenos e nenas traemos a escola, promocionando aquelas máis saudables, coma a froita, os bocadillos, etc...para medrar fortes e sans.

 

 

Lua’s Healthy Snacks

 

During January and February 5th and 6th grade students were designing some healthy snacks for having a healthy lifestyle.

Last week, they were in change of showing the rest of the school students the importance of eating healthy. Now that our students are aware of the importance of having healthy snacks, we are going to register the snacks that they bring to school so the will get a sticker when they bring some fruit, sandwiches, etc. In this way, we are promoting healthy habits.

14 de febreiro: Día do amor e da amizade

Este ano, co gallo da celebración desta popular data, o Equipo do Proxecto de Plurilingüismo do centro preparou con todo o alumnado de Educación Primaria estes fermosos corazóns para encher e decorar con eles os distintos corredores do centro. 

 

Pero isto non é todo, pois desde Educación Infantil tamén se quixeron sumar a esta celebración regalando apertas e máis apertas: apertas de oso, apertas de A, apertas de costado, apertas de sandwich, apertas de meixela, apertas de corazón e, por suposto, grandes apertas de grupo.

 


 

February 14th: love and friendship day

 

Saint Valentine’s day were celebrated in our school thanks to the multilingualism team that prepareted with Primary Education students some beautiful hearts and, with them, they decorated different corridors of our school.

The small ones from school decided to celebrate it with lots of different hugs: bear hugs, A hugs, sándwich hugs and, of course, groupal hugs.

 

Campo a Través Provincial 19-20. Azucreira de Portas

Campo a Través Provincial 19-20.

Azucreira  de Portas

Mércores 12 febreiro 2020

         O pasado, mércores día 12 febreiro de 2020, en horario de mañá, tivo lugar o Campionato Escolar Provincial de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións da Azucreira de Portas. Nesta xornada participou o alumnado de 3ºA do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Tomiño.

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos vividos, do moito que nos gustou compartir esta proba cos compañeiros, e do ben que nos sentimos rematando a proba. Menudos Campeóns!!

 

Azucreira Crosscountry race in Portas.

On February 12th, there was the school Crosscountry race championship in Portas. Students from 3rd grade A participated in this race because they clasified In Tomiño’s race.

Here you have some pictures of the race where our students had a great fun with other school mates.  

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

 O pasado martes  11 de febrero, tivo lugar a 2ª xornada da competición escolar de Bádminton para    Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos partidos que xogaron @s nen@s do noso colexio cos outros participantes. Moita sorte a tod@s para a xornada final.

 

 

Badminton 19-20

On February 11th, 2nd journey of badminton championship was played by 3rd, 4th grade and some students from 6th grade. It was in CEIP Randufe pavillion.

Here you hace some pictures of the students that participated.

Os alumnos de 3 anos panadeiros por un día.

Os alumnos de 3 anos panadeiros por un día.

O pasado xoves día 6 de febreiro, o alumnado de 3 anos visitaron a Panadería Rollo, que está cerquiña da escola. Alí con Moisés un excelente panadeiro fixemos masa, preparamos os nosos boliños e vimos como se coce o pan. Foi fantástico, agora xa podemos facer pan no restaurante de Lúa ou na nosa casa. Que rico! Gracias Moisés por transmitirnos a túa paixón por este alimento saudable.

 

Bakers for a day

On February 6th, 3 year old students visited Rollo’s bakery, near our school. Moises, a master Baker help us to make a great dough with which they prepared delicious bread buns. It was great! Now we can prepared it in Lua’s restaurant at school. Thank you Moises for teaching us so well.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

 O pasado martes 4 de febreiro, tivo lugar a 2ª xornada da competición escolar de Bádminton para a Categoría Alevín ( 5º e 6º) foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos da xornada, na que os participantes disfrutamos moito co alumnado do CEIP Randufe, CEIP Nº1 e do Clube Bádminton Tui.

 

Badminton 19-20

On Tuesday 4th, 2nd session of 5th and 6th grade Badminton  championship took place in Ceip Randufe Pavillion. Here you have some pictures of our students playing with the ones from Randufe, CEIP Nº1 and Tui’s Badminton club.

Cultivando a Paz

                                       

30 de xaneiro: Día escolar da Non Violencia e a Paz

 

Seguimos traballando no noso Proxecto de Centro 

sobre o tema da alimentación e os

hábitos de vida saudables.

Nesta ocasión desde Educ. Infantil, cociñando

para este día, unha receita moi especial.

 

 
 
 January 30th
 
We keep working with our Healthy lifestyle Project. In this occasion, prepramary education decided to cook a very special receipt.

Campo a Través Provincial 19-20. Instalacións do Parque de Castrelos en Vigo

Campo a Través Provincial 19-20.

Instalacións do Parque de Castrelos en Vigo

Sábado 1 de febreiro 2020

            O pasado sábado 1 de febreiro, tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo. Nesta xornada participou o alumnado  de 2º a 6º que se clasificaron na proba de Campo a Través zonal de Tomiño. 

               Unha xornada con alta participación de clubes e colexios, onde os noso participantes obtiveron moi bos resultados. Noraboa!!.

 

Cross-country race in Castrelos

On Saturday 1st, students participated in a cross-countr race in Castrelos (Vigo). The students from 2nd grade to 6th grade who clasified in the cross-country race in Tomiño where the ones who participated.

Lots of schools and sporting clubs participated and our particpants got great results. Congratulations!