Skip to Content

Monthly archive

Campionato Provincial Tenis de Mesa 18-19

 

Campionato Provincial Tenis de Mesa 18-19.

 Pavillón Municipal de Romarigo CANGAS.

 Sábado 4 de Maio de 2019

             O Vindeiro Sábado 4 de Maio vai ter lugar o Campionato Provincial  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva no Pav. Municipal de Ramarigo en Cangas. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que participaron na xornada final de Agrudebam. A data límite de inscripción remata o vindeiro xoves 2 de Maio de 2019.

 Para participar nesta xornada, podedes descargar a folla de Inscripción aquí.

Podedes atopar máis información en Agrudebam.es

Ruta Saudable en Patinete 19.

Ruta Saudable en Patinete 19.

17 de Xuño de 2019.

O día 17 de xuño tivo lugar, a Ruta saudable en Patinete, dentro das  Actividades no medio Natural , destinada ao alumnado de 4º de Educación Primaria: ruta en patinete, taller de ecoloxía, taller de merendas saudables e taller de Ioga. Tivo unha duración de unha xornada, desenvolvéndose entre o centro educativo e a praia de Guillarei polo carril bici da Veiga. Esta actividade levouse a cabo en colaboración do centro coas  familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.

Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 4º disfrutara de esta actividade  de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.

II Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença.

II Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença.

Domingo 13 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui.

O vindeiro domingo 13 de Outubro via ter lugar en Tui e Valença, a II Carreira de Orientación Eurocidade. En Valença será pola mañá, as 10:00h e en Tui será pola tarde ás 16:00h. @s nen@s e familias que desexen participar, poden facelo nas dúas probas ou soamentes nunha soa.

As Categorías serán:

Iniciación nenos (individual ou grupo) , categoría pensada para os nenos cun nivel de esixencia física e técnica baixo. Se son menores de 10 anos, recomendamos que a fagan acompañados dun adulto. Se son de 10 ou máis anos, poden ir en grupo ou sós.

Iniciación adultos (individual ou grupo) e Avanzado (individual). Adultos ou nenos con experiencia.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:

 www.aromon.es/inscripciones/eurocidade2019

o prazo de inscrición remata o mércores 10 de outubro ás 22:00 horas.

EUROCIDADE 2019 - TUI (tarde)

16:00 Recepción de participantes.

16:15 - Comezo das charlas técnicas (faremos varias ao longo da mañá)

16:30 - Primeiras saídas (existirá horario de saída).

18:30 - Últimas saídas (non se poderá tomar a saida despois desta hora).

19:30 - Peche de meta.

19:45 - Entrega de trofeos.

Atoparedes máis información en Deporte no 2: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Promoción de Tenis de Mesa

Promoción de Tenis de Mesa.

 O pasado luns 11 de novembro de 2019, tivemos a Vladimir e Javier do Club Tenis de Mesa que adestra no Casino de Tui .

Con eles, o alumnado de 4º coñeceu o Tenis de mesa e disfrutamos xogando coas  raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións do Casino os martes de 16:00 a 17:30 e disfrutar do Tenis de mesa. Moitas, moitas grazas.

 

 Table Tennis promotion

On Monday 11th, we had Vladimir and Jvier from Casino de Tui table tennis club in our school.

With them, 4th grade students learn and enjoy practicing with rackets. They also invited us to visit their sports facilities on Tuesday (16:00-17:30).

Teléfonos do centro

       

 

 

Secretaría

Orientación

Dirección

                                            

    886 12 00 57    

    986 60 45 83    

    886 12 00 56                                          

Fax

   886 12 00 58

ANPA

   635 94 53 49

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O pasado martes 22 de xaneiro, deu  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos dunha tarde divertida xogando ao bádminton que compartimos cos nosos amigos/as do Ceip Randufe e Ceip Nº1 de Tui.

Plantamos árbores autóctonas para reforestar o Monte Galiñeiro durante a Aloiada 19

Plantamos árbores autóctonas  para reforestar o Monte Galiñeiro durante a Aloiada 19

@s alumn@s de 4º,5º e 6º de primaria durante este mes de febreiro reciclamos nas nosas casas bricks, botellas, vasos de iogur ... e trouxémolos á escola. Neles plantamos árbores autóctonas: castiñeiros, nogais, aveleiras, carballos, etc… Tivemos que coller terra da horta e regalas ben. Coas árbores que medren trataremos de reforestar o Monte Galiñeiro onde se levará a cabo a Aloiada 19 para o alumnado de 6º. O Monte Galiñeiro é un paraíso natural moi castigado polos lumes do verán de 2017.

Deporte en Familia Nico de 5ºB en Castro Laboreiro na Peneda Geres en Portugal. 9-10 de febrero 2019.

Deporte en Familia

Nico de 5ºB en Castro Laboreiro

no Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Portugal.

9-10 de febrero 2019.

O pasado fin de semana, o 9 e 10 de febrero, Nico de 5ºB tivo a oportunidade de desfrutar duns días coa familia en Castro Laboreiro, no Parque Nacional da Peneda- Gerês en Portugal.

Unha viaxe fantástica no que Nico se converteu no noso reporteiro deportivo e fixo unhas fotos estupendas, que vós mesmos podedes valorar. Nico invítavos a desfrutar coas vosas familias deste lugar con encanto que está a poucos kilómetros de Tui.

Moitas grazas Nico, gran traballo.

 

 

 

 

A Milla de Lúa Erasmus+.

A Milla de Lúa Erasmus+.

E como quen non quer a cousa, xa estamos no mes de Maio, despois do reconto de este mes, comprobamos que 1ºB xa chegou a Dublín. Noraboa!!!

Moitas grazas a tod@s nen@s que seguides facendo a milla de forma responsable, sumando millas para a vosa clase e gozando de un estilo de vida saudable e feliz.

E como podedes ver xa empezamos a recibir os primeiros montaxes de Infantil sobre a Milla. Esta é a terceira actividade que temos que presentar no proxecto Erasmus+ este ano. Moitas grazas aos alumnos de 5 anos por prepara nos cousas tan bonitas.



by Dr. Radut