Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O vindeiro martes 12 de febreiro, terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para  a Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Patio de Lúa Infantil.

Patio de Lúa Infantil.

Cada xoves Lúa saca ao patio os seus xogos favoritos: a comba, o risco, o twister, etc…

@s nen@s de Educación Infantil coa axuda de alumn@s de sexto aprenden e desfrutan destes xogos no seu tempo de lecer.

 

Panadeiros e panadeiras das aulas de 3 anos.

Panadeiros e panadeiras das aulas de 3 anos.

O pasado día 15 de marzo de 2019, @s nen@s de 3 anos  convertironse en panadeir@s na panadería “Rollo”. Gracias a Moisés aprenderon todo o proceso de fabricación do pan: Os seus ingredientes, como amasar, como fornealo e como degustalo. Que boa pinta!!!

Unha actividade moi interesante que ensina aos nosos alumn@s, a importancia dunha dieta saudable. Moitas grazas ás profes de 3 anos por esta interesante experiencia e a Moisés por darnos a oportunidade de visitar e traballar nunha panadería de verdade. 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogara segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 21 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Cangas. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-Cangas: 2-5/2-5/2-3/3-4

Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben aínda que non logrou gañar. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas

Actividades Clubs Deportivos de Tui 19/20

Actividades Deportivas Clubs Deportivos Tui.

Como cada ano deixamosvos a listaxe de actividades deportivas que podedes practicar en Tui, para ter un estilo de vida saudable e féliz, tal como estamos promocionando no Proxecto Eramus+ que se está levando a cabo dende o curso 2018 ata o 2020. Anotádevos e practicade a actividade física que máis vos gusta. Podedes pinchar sobre a foto para ver a información en grande

Calendario Dinamizacións Intercentros

Calendario da Competición de  Dinamizacións Intercentros

Curso 19-20

Xa temos a vosa disposición o calendario da Competición de Dinamizacións Intercentros Escolar para este curso 19-20. Como comprobaredes no calendario seránen horario lectivo. Nesta competición animamos a participar a todo o alumnado de 3º a 6º.

Deporte na Escola: Dinamización Intercentros CEIP Nº2 de Tui- CEIP Sobrada

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

Martes día 12 de decembro de 2019

 O vindeiro martes  día 12  de decembro de 2019  terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºA, 6ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Goián

Curso 18-19

venres  día 18 de xaneiro de 2019

 O vindeiro venres día 18  de decembro de 2019 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 3ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºC, 6ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O pasado martes 12 de febreiro, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para  a   Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos momentos desfrutados durante a tarde.



by Dr. Radut