slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

RESILIENCIA: O VOSO DOCUMENTAL

Queridas familias,

o que comezou sendo un traballo para nen@s maiores dentro da materia "As emocións a través do teatro", foi medrando ata converterse nun precioso documental co que pretendemos amosar a capacidade de superación e o día a día d@s vos@s nen@s.

Agardamos que vos guste esta lembranza deste atípico curso que imos rematar.

Grazas a tod@s polo voso traballo!!

Ata pronto!!

MINIPROXECTO DE ARTE: YAYOI KUSAMA

Yayoi Kusama é unha artista xaponesa á que lle encanta encher o mundo de puntiños e a nós non nos pode gustar máis!
No noso recuncho de arte, despois de viaxar con Van Gogh aos Países Baixos, aterrizamos nun fermoso pobo xaponés, Matsumoto, para coñecer a Yayoi, a raíña dos puntos.

Comezamos a nosa investigación lendo o conto "Yayoi, de aquí al infinito", onde descubrimos como foi a súa infancia e os seus inicios como artista en New York e tamén, como os seus cadros, collages, esculturas e instalacións seguen expoñéndose en museos de todo o mundo.

DESAYUNO DE PRIMAVERA

Hoxe queremos que coñezades un dos contiños que nos acompañou ás nenas e nenos de infantil durante este último trimestre: "Desayuno de Primavera" escrito por Pilar Redondo Benítez e ilustrado por Joana Bruna, unha historia repletiña de sorpresas que remata nunha festa de primavera na que todos os animais degustan unha saborosísima torta de mazá.

Como xa sabedes, durante toto o curso empregamos os contos para traballar a lectoescritura, o concepto de número, a creatividade, a atención... pero esta vez,  aproveitando que o fío conductor do conto era unha apetitosa torta de mazá non puidemos resistirnos a cociñar as nosas propias minitortas.

MINI PROXECTO DE ARTE: VAN GOGH

No terceiro trimestre, na aula de infantil organizamos un novo espazo cheo de cores, o recuncho de arte! Témperas, acuarelas, pinceis, rotuladores... un montón de materiais cos que comezamos un mini proxecto moi artístico no que investigamos e sobre todo exploramos e creamos.
Para iniciar o noso achegamento á arte comezamos cun pintor postimpresionista "Vicent Van Gogh".

O primeiro cadro que coñecimos de Van Gogh foi "Os Xirasois" e como facía pouco que os plantaramos na aula fíxonos moita ilusión. Mirade que ben nos quedaron!

ARREGLOS FLORAIS

O pasado mes de Maio quixemos conmemorar a chegada da primavera enchendo a nosa aula de flores... e para conseguilo pedimos axuda ás nosas familias escribindo unha notiña con todas as instruccións.
Ben sabíamos que en canto vos pediramos axuda vós íades a respostar con moito agarimo, pero a verdade é que quedamos abraiados! Mirade o que pasou o luns 10 cando chegamos ao cole...

Flores de campo e dos vosos xardíns, amarelas, azúis, vermellas, brancas, lilas... grandes e pequeniñas, foi impresionante velas todas xuntas, eran preciosas e ulían de marabilla!

ROTEIRO DOS SOUTOS

Este venres, 28 de maio, decidimos coller as mochilas e botarnos ao monte polo roteiro dos Soutos.

Un precioso paseo no que percorremos un pedaciño da Vía Kunig e voltamos merendar á vila. Bueno, un pedaciño... os maiores case chegamos a Pedrafita !!

Á volta, esperábannos uns riquísimos boliños xentileza da Panadería Ricardo, á que dende aquí lle mandamos o noso agradecemento.

O noso encargado da limpeza dos montes, Carlos, voltou cunha bolsa chea de lixo que depositou nun contenedor da vila. Bo traballo, Carlos !!

MENÚ DO MES DE XUÑO

Bo día, familias,

adxuntamos o menú deste mes de xuño.

Apertas !!

 

 

RESCATE ANIMAL

Na aula de infantil somos uns verdadeiros protectores da natureza e como nos encantan os animais fixemos unha pequena investigación empregando varios dos contos da nosa biblioteca de aula: Rescate animal, Animais, A pequena eiruga larpeira, O pequeno animalario, Bichos (la vida secreta de los animales)...

Mamíferos, aves, insectos... investigamos e realizamos uns cadernos de campo moi especiais onde debuxamos, escribimos e anotamos cousas interesantes dos animais dos contos.

DÍA DE ELMER

O 25 de Maio conmemorouse o Día de Elmer, un elefante moi especial repletiño de cores, e na aula de infantil decidimos celebralo cunha chea de actividades!

O primeiro que fixemos, como non podía ser de outra maneira, foi ler o conto xuntos. Gustounos tanto que aproveitamos o recuncho da biblioteca para lelo moitas máis veces... como fixeron Valeria e Dilan!

Elmer é un elefante especial, non é gris é multicor! E como nós somos pintoras e pintores expertos, debuxamos e coloreamos a Elmer no recuncho de arte empregando as rotuladores e tamén acuarelas!

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Bo dia, familias,

no seguinte enlace tedes a información para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

A grandes rasgos, comentarvos que:

- as axudas de material escolar: alumnado que curso en setembro de 2021 de 1º a 6º de primaria

- as axudas adquisición de libros de texto: para alumnado que curse 1º e 2º de primaria en setembro de 2021.

- as axudas de material escolar e fondo libros: para alumnado que curse 3º de primaria en setembro de 2021.

- o alumnado de 4º, 5º e 6º utilizará o libro dixital (E-dixgal).

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer