slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 

Chegou o outono...

Chegou o outono...

MILLÓNS DE GRAZAS E ATA PRONTO !!

Queridas familias,

os traballadores/as do cole de As Nogais despedimos este ano académico desexándovos moita saúde, paz e amor para este curso 21/22.

Millóns de grazas a tod@s por acollernos durante este ano como parte da vosa familia, e polo voso traballo e responsabilidade na xestión do protocolo covid19.

E moitos bicos para os "nosos" nenos e nenas, que nos roubaron un cachiño do noso corazón.

Ata pronto familias !!

 

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR E SOLICITUDES DE COMEDOR

Bo día, familias,

o vindeiro 8 de xullo, de 10 a 13:30 e o 9 de xullo, de 10:45 a 13:30, podedes pasar polo centro a recoller os vales de material escolar e as solicitudes de comedor do vindeiro ano (para as que necesitaredes a declaración da renda do 2020 dos membros da unidade familiar que teñan a obriga de facela).

Se alguén non pode, lembrade que tamén podedes xestionalo no mes de setembro ou escribíndome a ceip.nogais@edu.xunta.gal.

Recibide unha grande aperta.

 

 

RESILIENCIA: O VOSO DOCUMENTAL

Queridas familias,

o que comezou sendo un traballo para nen@s maiores dentro da materia "As emocións a través do teatro", foi medrando ata converterse nun precioso documental co que pretendemos amosar a capacidade de superación e o día a día d@s vos@s nen@s.

Agardamos que vos guste esta lembranza deste atípico curso que imos rematar.

Grazas a tod@s polo voso traballo!!

Ata pronto!!

MINIPROXECTO DE ARTE: YAYOI KUSAMA

Yayoi Kusama é unha artista xaponesa á que lle encanta encher o mundo de puntiños e a nós non nos pode gustar máis!
No noso recuncho de arte, despois de viaxar con Van Gogh aos Países Baixos, aterrizamos nun fermoso pobo xaponés, Matsumoto, para coñecer a Yayoi, a raíña dos puntos.

Comezamos a nosa investigación lendo o conto "Yayoi, de aquí al infinito", onde descubrimos como foi a súa infancia e os seus inicios como artista en New York e tamén, como os seus cadros, collages, esculturas e instalacións seguen expoñéndose en museos de todo o mundo.

DESAYUNO DE PRIMAVERA

Hoxe queremos que coñezades un dos contiños que nos acompañou ás nenas e nenos de infantil durante este último trimestre: "Desayuno de Primavera" escrito por Pilar Redondo Benítez e ilustrado por Joana Bruna, unha historia repletiña de sorpresas que remata nunha festa de primavera na que todos os animais degustan unha saborosísima torta de mazá.

Como xa sabedes, durante toto o curso empregamos os contos para traballar a lectoescritura, o concepto de número, a creatividade, a atención... pero esta vez,  aproveitando que o fío conductor do conto era unha apetitosa torta de mazá non puidemos resistirnos a cociñar as nosas propias minitortas.

MINI PROXECTO DE ARTE: VAN GOGH

No terceiro trimestre, na aula de infantil organizamos un novo espazo cheo de cores, o recuncho de arte! Témperas, acuarelas, pinceis, rotuladores... un montón de materiais cos que comezamos un mini proxecto moi artístico no que investigamos e sobre todo exploramos e creamos.
Para iniciar o noso achegamento á arte comezamos cun pintor postimpresionista "Vicent Van Gogh".

O primeiro cadro que coñecimos de Van Gogh foi "Os Xirasois" e como facía pouco que os plantaramos na aula fíxonos moita ilusión. Mirade que ben nos quedaron!

ARREGLOS FLORAIS

O pasado mes de Maio quixemos conmemorar a chegada da primavera enchendo a nosa aula de flores... e para conseguilo pedimos axuda ás nosas familias escribindo unha notiña con todas as instruccións.
Ben sabíamos que en canto vos pediramos axuda vós íades a respostar con moito agarimo, pero a verdade é que quedamos abraiados! Mirade o que pasou o luns 10 cando chegamos ao cole...

Flores de campo e dos vosos xardíns, amarelas, azúis, vermellas, brancas, lilas... grandes e pequeniñas, foi impresionante velas todas xuntas, eran preciosas e ulían de marabilla!

ROTEIRO DOS SOUTOS

Este venres, 28 de maio, decidimos coller as mochilas e botarnos ao monte polo roteiro dos Soutos.

Un precioso paseo no que percorremos un pedaciño da Vía Kunig e voltamos merendar á vila. Bueno, un pedaciño... os maiores case chegamos a Pedrafita !!

Á volta, esperábannos uns riquísimos boliños xentileza da Panadería Ricardo, á que dende aquí lle mandamos o noso agradecemento.

O noso encargado da limpeza dos montes, Carlos, voltou cunha bolsa chea de lixo que depositou nun contenedor da vila. Bo traballo, Carlos !!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer