slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

XIRASOIS EN INFANTIL

Chegou a primavera á aula de infantil! E como non podía ser de outra maneira démoslle a benvida sementando unhas flores moi especiais, os xirasois! Queredes ver todo o que fixemos? pois estade moi atentos!

O primeiro paso foi investigar o que hai que facer para plantar os nosos propios xirasois. E foi moi sinxelo, só tivemos que fixarnos nas instruccións que pon no paquetiño das sementes. Nas instruccións descubrimos que os xirasois teñen que sementarse na primavera, polo que estamos no momento perfecto! 
Xa sabemos que as prantas precisan terra, auga e un chisquiño de sol para nacer e crecer pero non sabíamos que as sementes do xirasol... son pipas! Que sorpresa levamos! 

DÍA DA NAI

Durante esta semana, as nenas e nenos do cole estiveron a preparar agasallos para festexar o Día da Nai.

Secaron frores, plastificáronas, fixeron marcos, traballaron con goma-eva, envolveron prantas con papel celofán, montaron, desmontaron, subiron, baixaron... É que nai non hai máis que unha.

Aquí deixamos unhas fotiños dos seus traballos.

Ata a próxima !!

 

 

TALLER DE TURISMO "DESTINO LUGO"

O alumnado de 4º5º6º ven de participar no Taller de Turismo na Deputación de Lugo que este ano leva por título "DESTINO LUGO".

MENÚ DO MES DE MAIO

Queridas familias,

deixámosvos no arquivo adxunto o menú do mes de maio.

Unha aperta !!

TINY NA AULA DE INFANTIL

A semana pasada o Robot Tiny apareceu na nosa aula e pasámolo tan ben que queremos que todos o coñezades!

Tiny é un Robot Educativo co que as nenas e nenos poden desenvolver o pensamento computacional a través da gamificación, e gracias á profe Rosalía que nos axudou a usalo e coñecer todo o que podemos facer con el, xa podemos gozar de todas as súas posibilidades educativas.

PARABÉNS, DILAN !!

Esta semana foi o cumpreanos do noso benxamín do cole, Dilan !!

Pero mirade como o queren os seus compañeiros e compañeiras...

E coma sempre, levou para a casa un mural cun simpático debuxo:

 

Pero que sorte verte medrar xunto a nós Dilan !! Que cumpras moitos máis e que nós o vexamos !!

DÍA DO LIBRO 2021 - AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS

O alumnado do CEIP As Nogais gravou este bonito vídeo para celebrar o Día do Libro 2021, no que nos recomendan a lectura dos seus libros favoritos.

Agardamos que vos guste !!


13 MILLÓNS DE GRAZAS

Ola familias,

informávosvos que no día de hoxe enviamos a recaudación da Carreira Solidaria Save The Children, que ascendeu a 225,82€, grazas ao esforzo de toda a comunidade educativa.

Isto implica que vimos de pagar o tratamento antibiótico e as vacinas de 56 nenas e nenos que estaban irremediablemente condeados a morrer por falta de recursos, así que moitas grazas no nome das 13 millóns de persoas que dependen da axuda humanitaria no mundo.

Pasiño a pasiño faise o camiño.

Apertas e grazas a todos/as pola vosa aportación !!!

A EIRUGUIÑA COMELLONA

Na aula de infantil levamos un tempiño traballando un conto de Eric Carle que non nos pode gustar máis "A Eiruguiña Comellona". A historia explícanos o ciclo vital dunha bolboreta pero non é o único que traballamos con el: os días da semana, os números, a importancia dunha alimentación saudable... Nesta entrada ensinámosvos algunhas das cousiñas que levamos feito, pero estade moi atentos que aínda nos quedan moito por contarvos!

Nesta imaxe podedes ver como os encargados son os que nos len o contiño antes de comezar a sesión de traballo, neste caso son Lucas e Dilan. E tamén podedes ver como durante os momentos de xogo libre Mireia e Valeria decidiron realizar as ilustracións do conto nas pizarras individuais, a que o fixeron xenial!

QUEN ANDA AÍ?

Ola familias,

as nosas nenas e nenos de 4º5º6º estánse a facer famosos co seu vídeo do #DígochoEu.

Onte chamáronnos da RTVG para conectar con eles en directo. Fíxonos moita ilusión!! Pero eso sí, estabamos un pouquiño nerviosos...

Este é o vídeo, no que salimos aló polo minuto 34.

Unha aperta familias !!

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-274-4967279?t=2047

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer