Secretaría
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por ceip.nogais o Ven, 10/02/2023 - 21:45Ven aprender con nós!
Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo
Para solicitar praza no CEIP As Nogais poderase seguir un dos seguintes procedementos:
a) Cubrir o Anexo II ED550B e presentalo no centro xunto coa documentación complementaria.
b) Acceder á aplicación AdmisionAlumnado e crear a solicitude informatizada. Unha vez cuberta e confirmada, a solicitude poderá ser presentada no centro ou ben firmada e presentada na Sede Electrónica. De escoller esta última opción será necesario que achegar a documentación complementaria escaneada.
RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR E SOLICITUDES DE COMEDOR
Enviado por Anónimo o Mar, 06/07/2021 - 07:58Bo día, familias,
o vindeiro 8 de xullo, de 10 a 13:30 e o 9 de xullo, de 10:45 a 13:30, podedes pasar polo centro a recoller os vales de material escolar e as solicitudes de comedor do vindeiro ano (para as que necesitaredes a declaración da renda do 2020 dos membros da unidade familiar que teñan a obriga de facela).
Se alguén non pode, lembrade que tamén podedes xestionalo no mes de setembro ou escribíndome a ceip.nogais@edu.xunta.gal.
Recibide unha grande aperta.
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Lun, 24/05/2021 - 10:16Bo dia, familias,
no seguinte enlace tedes a información para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002
A grandes rasgos, comentarvos que:
- as axudas de material escolar: alumnado que curso en setembro de 2021 de 1º a 6º de primaria
- as axudas adquisición de libros de texto: para alumnado que curse 1º e 2º de primaria en setembro de 2021.
- as axudas de material escolar e fondo libros: para alumnado que curse 3º de primaria en setembro de 2021.
- o alumnado de 4º, 5º e 6º utilizará o libro dixital (E-dixgal).
XENTE PEQUENA FACENDO COUSAS GRANDES
Enviado por Anónimo o Sáb, 20/03/2021 - 12:52Ao comezo do curso, as nenas e nenos e a comunidade educativa do CEIP As Nogais fixemos unha votación para escoller un logotipo do cole, que agora figura nos membretes das nosas cartas e é a imaxe corporativa na nosa web.
Para amosarlle ao alumnado que a xente pequena é a que cambia o mundo, quixemos sorprendelos poñendo na entrada do cole á bonita árbore que eles escolleran de logotipo, e de paso actualizar a imaxe exterior do centro.
Esa misma tarde, quixeron saír a "estrenalo"...
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 20-21
Enviado por Anónimo o Mar, 16/03/2021 - 13:38Adxuntamos Programacións Didácticas do curso 2020-21, onde se inclúen os criterios de avaliación, conforme á Orde de 2 marzo de 2021.
INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN E OS SEUS PROCESOS
Enviado por Anónimo o Mar, 16/03/2021 - 13:35Queridas familias:
Conforme ao exposto na Orde do 2 de marzo do 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, co fin de que a información sobre a avaliación e os seus procesos sexa accesible e se lle dea publicidade de xeito manifesto para toda a comunidade educativa, deixamos na sección "Secretaría" as Programacións Didácticas por curso e especialidade, nas que ademais dos contidos a impartir atópanse os criterior de cualificacións de cada materia/curso.
Quedamos á vosa disposición e mandámosvos unha aperta !!
Libros de texto - Curso 2020/2021
Enviado por Anónimo o Mér, 11/11/2020 - 12:24Adxuntamos o listado de libros para o curso 2020/21.
LISTA DE LIBROS CURSO 2019-2020
Enviado por ceip.nogais o Ven, 12/07/2019 - 11:38Amosamos a lista de libros para o vindeiro curso 2019-2020.