slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

XOGADE

Xogade - Xogade

 

No día de hoxe, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foron a representar ao noso centro a Becerreá, onde disputaron unha competición de pin- pon.

E como xa todos sabemos, o importante non é gañar, se non participar. E que ben o fixeron!

LECTURA INTERACTIVA

SESIÓN DE CONTACONTOS

Entre Nubes y Cuentos- Ana Meilán

No día hoxe tivemos a visita da gran escritora, Ana Meilán.

Estivo connoso ao longo de toda mañá, contándonos moitas historias, relatándonos algúns dos seus valorados contos infantiles e facendo diferentes e entretidas actividades con todos os alumnos. 

Foi unha mañá moi divertida! Está de máis dicir que os nenos o pasaron xenial!

Amosámosvos algunhas das fotos.

 

PROXECTO XORNADA UNICA CEIP AS NOGAIS

Dende o Ceip As Nogais, adxuntamos o Proxecto de Xornada Única para o vindeiro curso escolar.

CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

MASCOTA DA BIBLIOTECA

Aquí vos presentamos o debuxo gañador do concurso da mascota da biblioteca.

Autora: María Freijo López (6º de Educación Infantil).

NORABOA!

MASCOTA DA BIBLIOTECA

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

FELIZ DÍA A TODAS AS MULLERES, NÓS EN PARTICULAR DEDICÁMOSLLO A AQUELAS QUE FORMAN PARTE DO CEIP AS NOGAIS.

 

XUNTAS SOMOS MÁIS FORTES!

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

ENTROIDO NO CEIP AS NOGAIS

Para celebrar o entroido, todos os alumnos e alumnas do CEIP As Nogais puideron disfrazarse, de xeito voluntario, da temática a escoller. E foron ben orixinais! Atopamos mouchos, policías, dinosaurios, sireas... entre moitos outros. 

Para lucir os nosos traxes, fomos de paseo polo pobo e disfrutamos dun fabuloso anaquiño no parque da nosa praza.

Para rematar o día, tivemos, que menos que un bo cocido de entroido. Non faltou de nada: cimos, cachelos, garavanzos, cachucha, orellas... Estivo todo boísimo!

 

Deixamosvos unhas poucas fotos para que vexades o o guapos e guapas que ían. 

ENTROIDO NO CEIP AS NOGAIS

FÓMONOS A CORUÑA

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía de Castro - Wikipedia, la enciclopedia libre

ROSALÍA DE CASTRO

Un 23 de febreiro de fai 185 anos, nacía unha das mulleres que chegou a ser gran representante de Galicia, aínda a día de hoxe: Rosalía de Castro. Foi considerada como unha das grandes poetisas e novelistas española, representando, xunto con moitos outros autores, unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento Galego.

A súa primera e gran obra de literatura galega é Cantares Gallegos.

Para os máis curiosos, aquí vos deixamos un anaco dun dos seus famosos poemas:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer