slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Letras Galegas 2023

XORNADA ÚNICA: Publicación do CENSO para as votacións do vindeiro 22 de maio

Segundo o disposto na Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá, facemos público o censo de responsables (pais/nais/titores/as legais) do alumnado do centro de cara ás votacións para a implantación da xornada única. Dende hoxe, ábrese un prazo de cinco días hábiles para posibles reclamacións ao censo.

Cómpre destacar que, na citada orde, se especifica no artigo quinto que o voto será "directo, secreto e non delegable", podendo votar "a nai ou o pai ou un dos titores legais".

 

XORNADA ÚNICA: Proxecto

Nesta publicación adxúntase o Proxecto de Implantación da Xornada Única, paso a seguir unha vez recibido o Informe de viabilidade de carácter favorable por parte do Servizo de Transportes. Faremos pública a data das votacións  canto esta sexa establecida de acordo co CEIP San Xoan de Becerreá.

 

HAPPY SAINT PATRICK'S DAY!

O venres, 17 DE MARZO, celebramos no colexio o día de SAN PATRICIO, o patrón de Irlanda. 

  

Foi unha mañá moi divertida, na que o noso alumnado fixo diferentes actividades e a nosa escola encheuse de SHAMROCKS!

Aquí vos deixamos unhas imaxes que agardamos que vos gusten!

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

Ven aprender con nós! 

 Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo

Para solicitar praza no CEIP As Nogais poderase seguir un dos seguintes procedementos:

  a) Cubrir o Anexo II ED550B e presentalo no centro xunto coa documentación complementaria.

  b) Acceder á aplicación AdmisionAlumnado e crear a solicitude informatizada. Unha vez cuberta e confirmada, a solicitude poderá ser presentada no centro ou ben firmada e presentada na Sede Electrónica. De escoller esta última opción será necesario que achegar a documentación complementaria escaneada.

 

ENTROIDO

PROXECTO IDADE MEDIA: AS VIDREIRAS

 

Os máis pequechos do cole están mergullados na Idade Media e eles soíños investigan a diario sobre un montón de aspectos que descoñecían e lles parecen fascinantes. 

DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA

Con motivo do Día da Paz, presentámosvos a carreira "Kilómetros de solidariedade", unha iniciativa de Save the Children á que dende o cole nos queremos sumar.

DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA

Actividades 1º trimestre. Curso 2022 - 2023.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer