Matricúlate con nós: PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

¡¡¡NO CEIP DAS NOGAIS AGARDAMOS POR VÓS!!!

DO 1 AO 20 DE MARZO está aberto o prazo de admisión para todas aquelas familias que desexedes matricular aos vosos nenos ou nenas no noso centro. Para iso podedes:

a) Tramitar a solicitude de xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado.

b) Cumplimentar, manual ou informáticamente, o Anexo I - Reserva de praza e presentalo no centro.

Sexa cal sexa a opción escollida, deberedes achegar tamén a seguinte documentación complementaria:

  • Fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia no que apareza o mesmo.
  • Copia do DNI dos membros da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta.
  • No caso de alumnos/as xa escolarizados, documentación acreditativa na que se indique o curso no que se atopa durante o presente curso académico.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso (agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade).
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Atoparedes toda a información de maneira detallada na citada aplicación admisionalumnado, especialmente no apartado Axuda, onde re secolle a normativa de referencia e o Manual para as familias.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer