Skip to main content

CONVOCATORIA PARA AS FAMILIAS - FORMACIÓN DE USUARIOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Agora é a quenda da comunidade educativa e os diferentes axentes sociais.

O vindeiro 15 de decembro, o voluntariado de 6º de primaria levará a cabo

unha formación de usuarios para as familias. Para realizar esta visita agradecemos

que vos apuntedes seguindo as indicacións do cartaz,

aínda que non queremos que ninguén quede sen facer a visita,

se é que pode vir no último momento.

A rapazada vos guiará pola Biblioteca Lía a través dunha presentación,

vos explicará que é a CDU, fará un mini xogo e vos acompañará a unha

visita guiada polas instalacións. A formación durará aproximadamente unha hora.

Esta formación é algo necesario e importante, as portas da biblioteca e da escola

ábrense ese día para que as familias coñezades un espazo cheo de recursos,

que alberga múltiples proxectos. Un espazo que é da rapazada pero tamén do pobo.

Esperamos vervos o 15 de decembro ás 12:30h. na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña".